Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa Gobernanza Medioambiental UE-China. Convocatoria de propostas 2011

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta convocatoria de propostas é o de mellorar a gobernanza medioambiental en China a través dunha mellora na función gobernamental, a participación pública e a responsabilidade corporativa a nivel local.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico desta convocatoria de propostas é o de permitir o desenvolvemento de proxectos en colaboración (PP) que se centrarán nas accións locais, que se baseen na experiencia local e que mostren as boas prácticas a nivel local en toda China.

Eidos de actuación

En particular levaranse a cabo accións no eido de:

  • O acceso do público á información medioambiental.
  • A participación pública na consulta medioambiental e na toma de decisións.
  • O acceso á xustiza en asuntos medioambientais.
  • A participación activa do sector privado nas prácticas sostibles.

Destinatarios

Entidades públicas legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación (en especial situadas no contexto local).
Poderán participar entidades situadas nalgún dos Estados membros, países candidatos, ou países pertencentes ao Espazo Económico Europeo.

Socios

Precísase dun socio para o desenvolvemento destes proxectos.
Como mínimo a solicitude será presentada por unha entidade europea conjuntamente cunha entidade chinesa, non obstante sería desexable a implicación do maior número posible de organizacións de nacionalidade chinesa.

Financiamento

As cantidades outorgadas en concepto de subvención oscilarán entre os 300.000 e 1 000 000 euros. Como máximo poderán subvencionarse o 75 % dos custos elegibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria de propostas é de 11´25 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración estimada da acción non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 24 meses.

Data de publicación

09/11/2011

Data límite de solicitude

14/05/2012

Documentación

Contacto

Ms. Maria Luisa WYGANOWSKI
EU Delegation to China & Mongolia
Finance, Contracts and Audit Section
15 Dongzhimenwai Dajie
Sanlitun
Beijing 100600
China

As dúbidas ao respecto desta convocatoria serán remitidas á seguinte dirección de correo: DELEGATION-CHINA-CALL-TENDER@eeas.europa.eu

Comentarios

Trátase dunha convocatoria de propostas restrinxida polo que nun primeiro momento só deberán remitirse os Documentos de Síntese, os cales serán redactados en inglés e enviados á dirección postal que se especifica.

A convocatoria prevé dous prazos límite de solicitude: o primeiro será ata o 3 de xaneiro de 2012 e o segundo finaliza o 14 de maio de 2012.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante