Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa enquisas de opinión de consumidores e empresas. Convocatoria de propostas 2011

Programa

VARIOS

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo do Programa é recompilar información sobre a situación das economías dos Estados membros da UE e dos países candidatos que permita comparar os seus ciclos económicos para facilitar a xestión da Unión Económica e Monetaria (UEM). O Programa converteuse nunha ferramenta indispensable para o proceso de supervisión económica dentro da UEM así como para a política económica.

Eidos de actuación

A Comisión proponse celebrar convenios con organismos ou centros que dispoñan das competencias necesarias para realizar unha ou varias das seguintes enquisas durante o tres próximos anos:

  • enquisa sobre investimentos en Islandia, Montenegro e Suecia,
  • enquisa no sector da construción en Islandia e Montenegro,
  • enquisa no sector do comercio polo miúdo en Islandia, Luxemburgo e Montenegro,
  • enquisa no sector de servizos en Islandia, Luxemburgo e Montenegro,
  • enquisa no sector industrial en Islandia e Montenegro,
  • enquisa entre os consumidores en Islandia, Luxemburgo, Malta e Montenegro.

Destinatarios

A convocatoria de propostas está aberta a tódolos organismos e institucións (persoas xurídicas) legalmente establecidos nalgún dos Estados membros da UE ou nos países candidatos.

Financiamento

A participación da Comisión no cofinanciamento das enquisas non poderá superar o 50 % dos gastos subvencionables contraídos polo beneficiario en cada enquisa.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento anual total dispoñible para estas enquisas no período comprendido entre maio de 2012 e abril de 2013 é de 175 000 euros.

Duración do proxecto

O organismo ou centro será seleccionado para un período máximo de tres anos. Poderanse celebrar tres convenios de subvención específicos anuais. O primeiro dos convenios de subvención específicos abar­cará o período comprendido entre o 1 de maio de 2012 e o 30 de abril de 2013.

Data de publicación

12/11/2011

Data límite de solicitude

19/12/2011

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección General de Asuntos Económicos y Financieros
Convocatoria de propuestas ref. ECFIN/A4/2011/014
Unidad ECFIN R2 — Gestión y control financieros
Despacho BU24 — 4/11
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante