Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Estrutura consultiva científica de avaliación do risco. Convocatoria de manifestacións de interese 2011

Programa

VARIOS

Obxectivo específico da convocatoria

Posibilitar que os científicos que desexen participar nos comités da estrutura consultiva da Comisión Europea nos ámbitos da seguridade dos consumidores, a saúde pública e o medio ambiente poidan manifestar o seu interese en formar parte de ditos comités a partires de febreiro de 2011, momento en que finalizan os actuais membros.

Eidos de actuación

Os solicitantes deberán estar dispostos a asistir periódicamente a reunións, a contribuir activamente ao debate científico, a estudar documentos e facer comentarios durante as reunións dos comités e dos seus grupos de traballo, a asistir a seminarios e conferencias previa invitación e a actuar como presidentes ou ponentes de grupos de traballo, sobre unha base específica. A maioría dos documentos de traballo están en inglés, e as reunións tamén se levarán a cabo nesa lingua.

Destinatarios

Esta convocatoria de manifestacións de interese está aberta a científicos de Europa y do resto do mundo. Non obstante, o xurado outorgará máis puntuación aos solicitantes que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Duración do proxecto

A duración do mandato dos membros dos comités científicos será de tres anos.

Data de publicación

08/10/2011

Data límite de solicitude

15/11/2011

Documentación

Contacto

Sanco-call-experts@ec.europa.eu

Comentarios

A estrutura consultiva científica de avaliación do risco nos ámbitos da seguridade dos consumi­dores, a saúde pública e o medio ambiente reúne aos organismos seguintes:

  • o Comité Científico de Seguridade dos Consumidores.
  • o Comité Científico de Riscos Sanitarios e Medioambientais.
  • o Comité Científico de Riscos Sanitarios Emerxentes e Recentemente Identificados.
  • un Grupo de Conselleiros Científicos sobre Avaliación do Risco.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante