Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

4º Convocatoria de Propostas de Iniciativas sobre Medicinas Innovadoras: IMI-JU-2011.

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo de IMI é apoiar a investigación e o desenvolvemento farmacéutico (I + D) para fomentar o desenvolvemento de medicamentos máis seguros e eficaces para os pacientes, mellorando a competitividade de Europa, garantindo que o seu sector biofarmacéutico segue sendo un sector dinámico de alta tecnoloxía.

Eidos de actuación

Dentro da temática relativa ao sistema de información médica na UE:
1. Marco europeo da información médica (EMIF).
2. ETRIKS: A información europea e trasnacional dos servizos de xestión do coñecemento.

Dentro do eido da química, fabricación e control:
1. Selección e distribución de mecanismos de macromoléculas biolóxicas.
2. Ferramentas biofarmacéuticas en materia de fármacos de vía oral.
3. Química sostible:distribución de medicamentos no século XXI

En materia de coñecemento da enfermidade molecular:
1. Células HIPS. Estudio de fármacos e avaliación da seguridade
2. Coñecemento e optimización da cinética para o descubrimento de fármacos.

Destinatarios

Calquera empresa, universidade, organismos investigadores, ou outras entidades que realicen actividades relevantes para os obxectivos da Empresa Común IMI nos Estados membros da UE ou países asociados ao Séptimo Programa Marco. Calesquera outras entidades que non cumpran as condicións establecidas poden participar se así o acepta a empresa común IMI. Aceptarase tamén a participación de organizacións europeas de pacientes e organismos reguladores.

Socios

Establécense como requisitos mínimos:
Na etapa 1:
Deben participar polo menos dúas entidades legais elixibles para obter financiamento da empresa común IMI, que sexan independentes entre sí e de calquera sociedade EFPIA, e deben levar a cabo actividades relacionadas cos obxectivos da Empresa Común IMI nun Estado membro ou nun país asociado ao Séptimo Programa Marco.
Na etapa 2:
Deben participar polo menos dúas empresas EFPIA xunto con outros dous beneficiarios cuxa proposta fose seleccionada na etapa 1. Sendo polo tanto o número mínimo de participantes de catro entidades legais, todas as cales deben ser independentes unhas de outras e levar a cabo actividades relacionadas cos obxectivos da Empresa Común IMI nun Estado membro ou nun país asociado ao Séptimo Programa Marco.

Financiamento

75% dos custes elixibles para as actividades de investigación
100% dos custes elixibles para outras actividades, incluidas aquelas de xestión e formación.

Orzamento total da convocatoria

A contribución financeira máxima da Comunidade Europea á empresa común IMI para o sostenemento das actividades de investigación é de 105 millóns EUR

Duración do proxecto

A duración aproximada dos proxectos será de 4 anos (temática 5) ou de 5 anos para as demáis temáticas.

Data de publicación

18/07/2011

Data límite de solicitude

18/10/2011

Documentación

Contacto

IMI
Avenue de la Toison d´Or 56-60
B-1060 Brussels
Belgium
Tel: +32 (0)2-221 81 81 o +32 (0)2-221 81 82
O correo postal debe enviarse a: IMI JU, TO 56 6/3, B-1049 Brussels
Email: infodesk@imi.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante