Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

MOVE/SUB/01-2011 sobre seguridade vial

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Esta convocatoria procura a recollida e tratamento de todo tipo de información requerida para a análise, definición, promoción, supervisión, avaliación e aplicación das medidas e normas necesarias para mellorar a seguridade vial.

Obxectivo específico da convocatoria

As actividades serán estudos, demostracións e intercambio de mellores prácticas para axudar a implementar as orientacións políticas sobre a seguridade vial para o período 2011-2020 que figura na Comunicación da Comisión Europea ”Cara a un espazo europeo de seguridade vial” - COM (2010) 389 final.

Eidos de actuación

As iniciativas presentadas deberán enmarcarse dentro de:

  • Conceptos innovadores e intercambio de mellores prácticas para reducir a gravidade das lesións e a organización dos primeiros auxilios (incluíndo as tecnoloxías asociadas coa implementación do sistema eCall).

  • Análise da relación entre a dinámica do accidente e as lesións sostidas, detallada a categoría de usuario (idade, sexo e tipoloxía biomecánica), o impacto das lesións na calidade de vida dos feridos.

  • Análises do impacto socio-económico dos accidentes de tráfico.

  • Análises da eficacia dos sistemas de seguridade pasiva en canto á gravidade das lesiones e a súa curación.

Destinatarios

A convocatoria está aberta ás entidades públicas con sede social na Unión Europea, países candidatos á adhesión e do Espazo Económico Europeo.

Financiamento

Preténdese que as axudas funcionen de incentivos para realizar accións que non poderían executarse sen o apoio da UE, polo que se valorarán unicamente os casos de cofinanciamento. A Comisión proporcionará entre un 10% e un 50% dos custos elixibles da operación.

Orzamento total da convocatoria

A previsión é de 1.000.000 € para esta iniciativa.

Duración do proxecto

Ata 36 meses.

Data de publicación

08/07/2011

Data límite de solicitude

30/09/2011

Documentación

Contacto

E-mail para resolver dúbidas: MOVE-D3-SUBVENTIONS@ec.europa.eu

Comentarios

O calendario aproximado marca que:

- A avaliación de propostas será en novembre de 2011.

- A decisión darase a coñecer en decembro.

- A posta en marcha producirase arredor de marzo de 2012.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante