Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para a presentación de propostas — O Banco Europeo de Inversiones adxudicará tres novas becas EIBURS no marco da sua Iniciativa Conxunta BEI-Universidades en favor da Investigación.

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

EIBURS ofrece subvencións a centros universitarios de investigación adicados a especialidades e temas de interese fundamental para o Banco. Estas becas do BEI, de ata 100.000 EUR anuais durante un periodo de tres anos, concédense, a través dun procedemento competitivo, a departamentos universitarios ou centros de investigación interesados vinculados a universidades dos Estados membros da UE, os Estados adherentes ou en vías de adhesión, que posúan unha especialización recoñecida nas áeas seleccionadas polo BEI, co obxecto de permitirlles ampliar as súas actividades en ditas áreas. A proposta seleccionada deberá presentar unha serie de resultados (investigación, organización de cursos ou seminarios, creación de redes, difusión dos resultados, etc.) que se acordarán de forma contractual co Banco.

Eidos de actuación

De cara ao curso académico 2011/2012, o programa EIBURS seleccionou tres novas líneas de investigación:
1. Os rexímenes europeos de propiedade intelectual e o seu impacto na transferencia de tecnoloxía/na financiación da propiedade intelectual.
2. Análise das necesidades de inversión nos sectores de infraestruturas.
3. Aumento do risco de crédito no sector do microcrédito: factores, sinais de alerta, situación actual e perspectivas de futuro.

Data de publicación

25/06/2011

Data límite de solicitude

16/09/2011

Documentación

Contacto

Iniciativa Conxunta BEI-Universidades en favor da Investigación
100, boulevard Konrad Adenauer
2950 Luxembourg
LUXEMBOURG
Á atención de la Sra. Luísa Ferreira, Coordinadora.
Email: universities@eib.org

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante