Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

7/G/ENT/TOU/11/511A : Facilitar o intercambio transnacional de baixa temporada en Europa a través do Desenvolvemento do Turismo Social.

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral


O obxectivo xeral desta convocatoria de propostas é apoiar ás autoridades públicas relacionadas co turismo para poder levar a cabo, na próxima temporada baixa, intercambios transnacionais entre os grupos obxectivo CALYPSO.

Obxectivo específico da convocatoria


Os obxectivos específicos son:
-Promover o desenvolvemento rexional e xerar crecemento económico ao longo de Europa
-Mellorar os patróns de estacionalidade do turismo en Europa
-Incrementar a cidadanía europea

Eidos de actuación


Os eidos de actuación son:

1) Dar Apoio ás Administracións Públicas na creación, desenvolvemento e/ou fortalecemento de estructuras CALYPSO no seu país.

2) Proporcionar oportunidades de mellorar a colaboración en rede entre as autoridades públicas, co obxectivo último de promover o intercambio, en temporada baixa, dun ou máis dos catro grupos CALYPSO.

3) Levar a cabo os estudos pertinentes que poidan mellorar a base de coñecementos e, finalmente, facilitar o intercambio de temporada baja.

4) Ilustrar cómo as prestacións específicas do proxecto poderían estar relacionadas co uso da plataforma web CALYPSO, como un medio para facilitar a continuación dos proxectos máis alá do periodo de cofinanciamento.

Destinatarios


Os solicitantes deben provir dos Estados membros e ser persoas xurídicas constituídas e rexistradas nun dos Estados membros.
Os solicitantes deberán ser autoridades nacionais no eido do turismo, organizacións nacionais na área de turismo ou outras organizacións con competencias na materia, públicas ou semipúblicas, no caso de ser autorizadas pola administración nacional competente na materia. As autoridades locais están excluídas.
As administracións públicas poden participar en máis dun proxecto sempre que se cumpran unha serie de requisitos. Ademais, non hai unha duplicación de gastos, a solicitude é realizada en asociación con outras organizacións, a autoridade pública so asume a dirección da asociación para un proxecto e as propostas están destinadas a grupos de persoas diferentes dentro do programa CALYPSO.

Socios


As organizacións solicitantes deben desenvolver o proxecto en cooperación con outras organizacións asociadas, as cales deben cumprir os mesmos criterios de elixibilidade que os solicitantes e provir de cando menos outros dous Estados membros.
Os países candidatos poden formar parte desta asociación sempre que haxa socios doutros dous Estados membros.

Financiamento


A porcentaxe de financiamento será do 75%, non superando a contía de 150.000 euros por proxecto.

Orzamento total da convocatoria


450.000 euros

Duración do proxecto


Once meses

Data límite de solicitude

14/06/2011

Documentación

Contacto


Dirección de Turismo, Consumidores de bens e Acordos reguladores
Unit F1, Desenvolvemento da Política de Turismo
B100 4/28
B-1049 Bruselas, Bélxica
E-mail: ENTR-CFP-1107-CALYPSO@ec.europa.eu

Comentarios


Financiaranse entre 3 e 4 proxectos

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante