Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ENT/TOU/10/711B Facilitar o turismo transnacional fora de temporada en Europa por medio do desenvolvemento do turismo social

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria ten como obxectivo apoiar ás autoridades públicas que traballan no eido do turismo a desenvolver no futuro intercambios transnacionais de turistas en temporada turística baixa.

Eidos de actuación

• Asistir ás autoridades públicas na creación, desenvolvemento e fortalecemento das oficinas CALYPSO nos seus estados.
• Prover oportunidades de cooperación e traballo en rede entre as autoridades públicas co obxectivo de promover o turismo transnacional fora de temporada entre os grupos que CALYPSO ten como obxectivo. O público obxectivo ao que se dirixe está formado por maiores de 65 anos e pensionistas, mozos menores de 30 anos, discapacitados e familias recoñecidas polas autoridades como persoas en risco de exclusión social.
• Elaborar estudios que poidan incrementar o coñecemento sobre a materia e facilitar o turismo en temporadas de baixa afluencia de turistas.

Destinatarios

Os solicitantes deben provir dos Estados membros e ser persoas xurídicas constituídas e rexistradas nun dos Estados membros. Os solicitantes deberán ser autoridades nacionais no eido do turismo, organizacións nacionais na área de turismo ou outras organizacións con competencias na materia, públicas ou semipúblicas, no caso de ser autorizadas pola administración nacional competente na materia. As autoridades locais están excluídas. As administracións públicas poden participar en máis dun proxecto sempre que se cumpran unha serie de requisitos. Ademais, non hai unha duplicación de gastos, a solicitude é realizada en asociación con outras organizacións, a autoridade pública so asume a dirección da asociación para un proxecto e as propostas están destinadas a grupos de persoas diferentes dentro do programa CALYPSO.

Socios

As organizacións solicitantes deben desenvolver o proxecto en cooperación con outras organizacións asociadas, as cales deben cumprir os mesmos criterios de elixibilidade que os solicitantes e provir de cando menos outros dous Estados membros. Os países candidatos poden formar parte desta asociación sempre que haxa socios doutros dous Estados membros.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 75% dos custes cunha subvención máxima de 200.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 820.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima das accións é de 11 meses.

Data límite de solicitude

04/10/2010

Documentación

Contacto

ENTR-CFP-TOU-10-711-CALYPSO@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante