Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

DG ENTR ENT-SAT-10/5011 Programa Galileo - Apoio a actividades internacionais: Centros de información, formación e asistencia

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Garantir a visibilidade das actividades relacionadas coa navegación por satélite europeas, supervisar as iniciativas de navegación por satélite locais e apoiar ao sector da navegación por satélite da UE a través de centros e actividades de información, formación e asistencia en Israel e/ou América Latina.

Eidos de actuación

Para América Latina:

• Elaborar e desenvolver unha estrategia de comunicación para América Latina a fin de promover e informar sobre os resultados e logros dos programas europeos do Sistema Global de Navegación por Satélite (SGNS). Elaborar e administrar un sitio web durante a duración do proxecto. Elaborar e producir unha serie de documentos;
• Participar en conferencias e exhibicións relativas ao SGNS;
• Organizar seminarios formativos sobre tecnoloxías e aplicacións do SGNS;
• Organizar sesións formativas sobre o Programa Marco de Investigación e Desenrolo Tecnolóxico a fin de presentar a organizacións latinoamericanas oportunidades de cooperación co SGNS -co apoio da Comisión Europea-;
• Levar a cabo actividades de fomento de partenariados entre organizacións europeas e latinoamericanas;

Para Israel:

• Elaborar y desenvolver unha estratexia de comunicación para Israel a fin de promover e informar sobre os resultados e logros dos programas europeos do SGNS. Elaborar e administrar un sitio web durante a duración do proxecto. Elaborar e producir unha serie de documentos;
• Organizar seminarios formativos sobre tecnologías e aplicacións do SGNS;
• Levar a cabo actividades de fomento de partenariados entre organizacións europeas e israelíes.

Destinatarios

Organizacións públicas ou privadas baseadas no país ou na rexión obxectivo desta convocatoria (Israel, América Latina), ou baseada na UE e operando no país ou rexión obxectivo. As entidades aplicantes deberán estar establecidas en cando menos un dos seguintes países:

• os 27 países que compoñen a UE;
• outros países: Brasil, Argentina, Chile ou Israel.

Financiamento

Financiaranse como máximo un 70% dos custes elixibles, cun máximo de EUR 250.000 por proxecto.

Duración do proxecto

Duración máxima de 24 meses.

Data de publicación

28/10/2010

Data límite de solicitude

15/01/2011

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección Xeral de Empresa e Industria
Dirección Xeral Programa Galileo
GP2: Aspectos legais, financeiros e institucionais
DM 28, 01/30 B-1049 Bruxelas, Bélxica

Correo eletrónico: ENTR-10-5011-SAT@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante