Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

COMM/C2/1-2010 EYV Convocatoria de subvencións para o 2011, Ano Europeo do Voluntariado

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria ten por obxecto contribuír aos obxectivos xerais do Ano Europeo do Voluntariado 2011, entre os que se atopan: traballar co fin de lograr un entorno propicio para o voluntariado na UE, potenciar aos organizadores das actividades de voluntariado para mellorar a súa calidade, recoñecer as actividades de voluntariado e sensibilizar sobre o seu valor e a súa importancia.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria terá por obxecto apoiar un ou dous proxectos por Estado membro referidos ao ámbito do voluntariado. Máis concretamente, os proxectos deberán desenvolver propostas novas e innovadoras en relación co seu contido e cos métodos utilizados na execución das actividades.

Eidos de actuación

As subvencións terán por obxecto financiar proxectos destinados a desenvolver sistemas innovadores e novos enfoques centrados en:

  • a mellora da calidade do voluntariado,
  • a creación dun entorno propicio para ao voluntariado na UE,
  • a participación dos empresarios en actividades de voluntariado,
  • a inclusión de persoas de tódalas idades en actividades de voluntariado, con especial relevancia nos mozos,
  • a loita contra a exclusión social como seguimento do Ano Europeo de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social 2010, e
  • o fomento do voluntariado senior e no fortalecemento do diálogo interxeneracional e da cooperación.

Destinatarios

Entidades europeas estreitamente relacionadas co ámbito do voluntariado, que pertenzan ao sector público ou a organizacións non gobernamentais, cuxos proxectos impliquen unha colaboración de, alomenos, catro socios elixibles e que as súas actividades se desenvolvan en un ou en máis Estados membros.

Os candidatos deberán pertencer a un dos 27 estados membros da Unión Europea.

Financiamento

A Comisión Europea cofinanciará ata un máximo de 54 proxectos (dous por Estado membro) e ata o 60% dos gastos elixibles de cada un dos proxectos.

O importe máximo da subvención establécese sobre a base da poboación do Estado membro en cuestión:

  • Entre 108.000 euros e 120. euros para Francia, Alemaña, Italia, Polonia, Rumania, España e o Reino Unido;

  • Entre 48.000 euros e 60.000 euros para Austria, Bélxica, Bulgaria, a República Checa, Chipre, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Grecia, Irlanda, Hungría, Letonia, Lituania, os Países Baixos, Portugal, Eslovaquia, Eslovenia e Suecia;

  • Entre 24.000 euros e 30.000 euros para Luxemburgo e Malta.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible ascende a 2.000.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será de 12 meses.

Data de publicación

10/09/2010

Data límite de solicitude

12/11/2010

Documentación

Contacto

European Commission
Directorate-General Communication
European Year of Volunteering (EYV)
Mrs Sophie BEERNAERTS
MADOU 5/26
B-1049 Bruxelles
email: COMM-CFP-EYV2011@ec.europa.eu


Organismo Nacional de coordinación para Año Europeo de Voluntariado en España
Ministerio de Sanidad y de Política Social
D. Juan Carlos Mato Gómez, Director General de Política Social, de las Familias y de la Infancia
Teléfono +34 91 822 66 50
E-mail jmatog@msps.es
Suplente D. Roberto Amurrio Iñigo, Consejero Técnico de ONG y Voluntariado
Teléfono +34 91 822 66 35
E-mail: ramurrio@msps.es

Comentarios

As actividades darán comezo entre o 15 de enero e o 31 de marzo de 2011.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante