Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

D.X. TREN/SUB/02 – 2008

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A Comisión concede subvencións á promoción dos obxectivos da política de transportes, políticas que foron establecidas no programa de traballo de 2008 adoptado pola Comisión. Os principais temas seleccionados refírense á mobilidade sostíbel no medio urbano e suburbano.

Obxectivo específico da convocatoria

Desenvolver e levar a cabo medidas destinadas á mellora do tráfico, á redución de atascos, á diminución de contaminación nas cidades e á accesibilidade á rede de transportes urbanos.

Eidos de actuación

As propostas deben promover as boas prácticas nunha (ou máis) das seguintes áreas:

  1. Seguridade dos viandantes e ciclistas na cidade, co fin de fomentar o uso destes modos de transporte en lugar de automóbiles privados.
  2. Calidade do transporte e a loxística nas cidades, prestando especial atención á cooperación entre os operadores de transporte, as empresas e as autoridades públicas.
  3. Aproximación dos sistemas de zonas verdes en pobos e cidades, en particular en relación coas normas de acceso, tecnoloxía interoperable para o control de acceso e provisión de información pública.
  4. Interoperabilidade dos sistemas de información e pautas de pagamento de transporte público e privado nas cidades, posiblemente en cooperación cos provedores comerciais de servizos relacionados cos sistemas de pagamento.
  5. Demanda de transporte de pasaxeiros nas cidades e suburbios, especialmente as cadeas de transporte continuo, integrando os medios de transporte privados e públicos nas zonas urbanas e periurbanas.

Destinatarios

persoas xurídicas, pertenecentes a:

  • Unión Europea (UE)
  • Espazo Económico Europeo (EEE)
  • Países candidatos

Financiamento

O cofinanciamento pode oscilar do 10% ao 50% dos custos elixibles de cada acción e a contribución comunitaria indicativa por cada acción é de 1 000 000€

Orzamento total da convocatoria

5 MIL. EUR.

Duración do proxecto

Un máximo de 36 meses

Data límite de solicitude

31/03/2009

Documentación

Contacto

European Commission DG Energy and Transport
B – 1049 Brussels Rue J.-A. Demot, 24-28
B–1040 Brussels. Belgium

Correo postal
European Commission Directorate-General for Energy and Transport
DM 28 - 0/110 – Mail/Archives B-1049Call for proposals Unit A.4
Brussels. Belgium

Entrega en man (11.03.2009)
European Commission Directorate-General for Energy and Transport DM 28 - 0/110 Avenue du Bourget 1 B-1140, Call for proposals Unit A.4 Brussels (Evere) Belgium

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante