Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa de apoio ao desenvolvemento das biotecnoloxías en MERCOSUR II- BIOTECH II

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Promover o desenvolvemento de proxectos que axuden ao alivio da pobreza por medio do desenvolvemento de aplicacións biotecnolóxicas nas áreas de saúde e bioenergía, non comprometedora da seguridade alimentaria.

Eidos de actuación

- Promover a interacción entre grupos de investigación e desenvolvemento dos catro países do MERCOSUR e polo menos un da UNION EUROPEA conxuntamente co sector produtivo, nas áreas de saúde e bioenergía.
- Propiciar o desenvolvemento de novas tecnoloxías e procesos nas áreas de saúde e bioenerxía.
- Mellorar a competitividade de empresas biotecnolóxicas da rexión MERCSOSUR nos temas específicos da presente convocatoria.
- Favorecer mediante a interacción entre os socios integrantes de cada proposta, a formación de recursos humanos, a complementariedade de capacidades tecnolóxicas, a sumatoria de infraestruturas e de coñecementos que potencien e dinamicen as capacidades individuais dos integrantes de cada proposta.
- Promover a transferencia tecnolóxica ao sector produtivo para o desenvolvemento de produtos e servizos.

Destinatarios

Hai tres grupos de criterios de elexibilidad referidos, respectivamente, a:

Os actores:

- O solicitante, isto é, a entidade que presenta o Formulario de Solicitude
- No seu caso, os co-solicitantes (se non se especifica outra cousa, o solicitante e os co-solicitantes denominaranse en diante, conxuntamente, «solicitantes»),
- E, no seu caso, as entidades afiliadas ao solicitante e os co-solicitantes

As accións:

- accións que poden optar a unha subvención

Os custos:

- tipos de custos que se poden ter en conta para determinar o importe da subvención.

Socios

Os co-solicitantes participarán no deseño e a execución da acción, e os gastos nos que incorran serán elexibles da mesma maneira que os efectuados polo solicitante. Os co-solicitantes deberán cumprir os mesmos requisitos de elegixilidad aplicables ao solicitante. Os co-solicitantes deberán asinar o Mandato da Sección 4 da parte B do Formulario de Solicitude de Subvención. En caso de concederse a subvención, os co-solicitantes (no seu caso) pasarán a ser beneficiarios da Acción (xunto co Coordinador).

Financiamento

Porcentaxe máxima: 80 % do total dos custos elexibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente Convocatoria de propostas ascende a 1.720.000 EUR.

Duración do proxecto

A duración prevista inicial dunha acción non poderá ser superior a 17 meses.

Data límite de solicitude

22/05/2015

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante