Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para a prevención do radicalismo, o terrorismo e a violencia extremista HOME/2014/ISFP/AG/RADX

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria centrase nas seguintes prioridades:

• Prevención da radicalización e do recrutamento de individuos para dirixirse a zonas de conflito e unirse a grupos armados terroristas.

• Desenvolvemento de programas de saída capacitando que individuos radicalizados se desactiven, rexeiten a violencia e se rehabiliten.

Eidos de actuación

Os seguintes tipos de actividades son elixibles:

• Medidas de mellora da cooperación policial e coordinación entre as forzas do orden y, cando proceda, as organizacións internacionais
• Creación de redes, confianza mutua, comprensión e aprendizaxe; a identificación, intercambio e difusión de coñecementos, experiencias e boas prácticas; o intercambio de información, coñecemento da situación compartida e previsión, planificación e interoperabilidade.
• Intercambio, formación e educación do persoal y dos expertos das autoridades competentes.
• Actividades de sensibilización, difusión e comunicación.
• Avaliacións de ameaza, risco e impacto.
• Estudos e proxectos piloto.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser entidades xurídicas. O solicitante debe estar establecido nun Estado membro da UE que participe no Fondo de Seguridade Interior ou ser unha organización internacional. Os socios deberán estar establecidos nun Estado membro que participe no Fondo de Seguridade Interior, ser un Estado non membro da UE da seguinte lista: Albania, Bosnia e Hercegovina, Kosovo, Antiga República Iugoslava de Macedonia, Montenegro, Serbia; ou ser unha organización internacional.

Socios

Cada solicitude debe incluír como mínimo 3 entidades establecidas en 3 países diferentes.

Financiamento

A subvención mínima será de 250.000 euros. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 90% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

3.000.000 euros

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

18/11/2014

Data límite de solicitude

29/01/2015

Documentación

Contacto

Se poderán enviar dúbidas ao seguinte correo electrónico:

HOME-ISF@ec.europa.eu

Se deberá indicar claramente a referencia da convocatoria (HOME/2014/ISFP/AG/RADX). A Comisión responderá dentro dos 15 días hábiles dende a recepción do correo electrónico.

Comentarios

O procedemento para a presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e o contrasinal para acceder ao sistema, que se atopa no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/dgs/home-affairs/financing/fundings/priamos-section/index_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante