Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas sobre Delitos Económicos y Financeiros, Corrupción e Delito Ambiental HOME/2014/ISFP/AG/EFCE

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria ten por obxecto financiar proxectos sobre os temas de A) Delitos Económicos e Financeiros, Corrupción e B) Delito Ambiental.

A) Delitos Económicos e Financeiros, Corrupción. Os proxectos enmarcados neste tema centraranse nas seguintes prioridades:

• Prevención da infiltración do crime organizado na economía.
• Confiscación efectiva de activos de orixe delituosa, incluída a xestión dos activos conxelados e a reutilización dos bens comisados.
• Mellores prácticas na identificación e o seguimento do produto de delito.
• Mellores prácticas na identificación dos beneficiarios efectivos.

B) Delito Ambiental. Os proxectos enmarcados neste tema deben ter como obxectivo impulsar as actividades sobre a aplicación da lei, incluíndo a formación de distintas autoridades, en relación con:

• Loita contra o tráfico da vida salvaxe, os delitos forestais e outras formas de delitos relacionados.
• Loita contra el tráfico ilícito de residuos.
• Calquera outro tipo de delito ambiental.

Eidos de actuación

Os seguintes tipos de actividades son elixibles:

• Análise, seguimento e avaliación de actividades, incluíndo a avaliación de ameaza, risco e impacto.
• Proxectos que promovan a creación de redes, as asociacións público-privadas, a confianza mutua, a comprensión e a aprendizaxe, a identificación e difusión das mellores prácticas e enfoques innovadores en programas de formación e de intercambio na Unión.
• Proxectos de apoio ao desenvolvemento de ferramentas e métodos, e indicadores comúns.
• Adquisición, mantemento e/ou ulterior renovación do equipo técnico, experiencia, instalacións de seguridade, infraestruturas, edificios e sistemas relacionados.
• Proxectos que melloren o coñecemento das políticas e obxectivos da Unión entre os interesados e o público en xeral.
• Proxectos particularmente innovadores no desenvolvemento de novos métodos e/ou a implementación de novas tecnoloxías.
• Estudios e proxectos piloto.

Para as accións en relación con terceiros países, os seguintes tipos de actividades son elixibles:

• Medidas de mellora da cooperación policial e coordinación entre as forzas do orden y, cando proceda, as organizacións internacionais
• Creación de redes, confianza mutua, comprensión e aprendizaxe; a identificación, intercambio e difusión de coñecementos, experiencias e boas prácticas; o intercambio de información, coñecemento da situación compartida e previsión, planificación e interoperabilidade.
• Intercambio, formación e educación do persoal y dos expertos das autoridades competentes.
• Actividades de sensibilización, difusión e comunicación.
• Avaliacións de ameaza, risco e impacto.
• Estudos e proxectos piloto.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser entidades xurídicas. O solicitante debe estar establecido nun Estado membro da UE que participe no Fondo de Seguridade Interior ou ser unha organización internacional. Os socios deberán estar establecidos nun Estado membro que participe no Fondo de Seguridade Interior,, un terceiro país non membro da UE ou unha organización internacional.

Socios

Cada solicitude debe incluír como mínimo 3 entidades (1 solicitante + 2 socios) establecidas en 3 países diferentes.

Financiamento

A subvención mínima será de 250.000 euros. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 90% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

6.200.000 euros

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

18/11/2014

Data límite de solicitude

30/01/2015

Documentación

Contacto

Se poderán enviar dúbidas ao seguinte correo electrónico:

HOME-ISF@ec.europa.eu

Se deberá indicar claramente a referencia da convocatoria (HOME/2014/ISFP/AG/EFCE). A Comisión responderá dentro dos 15 días hábiles dende a recepción do correo electrónico.

Comentarios

O procedemento para a presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e o contrasinal para acceder ao sistema, que se atopa no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/dgs/home-affairs/financing/fundings/priamos-section/index_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante