Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subvencións para proxectos sobre xuventude europea

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A Dirección Xeral de Comunicación do Parlamento Europeo abre unha nova convocatoria de subvencións para o cofinanciamento de accións de comunicación dirixidas a aumentar o coñecemento público e promover o interese no proceso decisorio europeo, facendo especial énfase na xuventude europea, en tres áreas:

• Televisión

• Radio

• Proxectos online e/ou organización de eventos (un ou outro ou combinación de ambos)

Destinatarios

Organizacións que son socias da DG COMM (Dirección Xeral de Comunicación da Comisión Europea) no eido da radio, televisión, proxectos online e organización de eventos y organizacións que solicitaran converterse en socias nalgún destes eidos antes do 15 de decembro de 2014.

Financiamento

Cobertura de ata un máximo do 60% dos custes elixibles totais que se presenten na estimación orzamentaria no formulario de solicitude.

Duración do proxecto

A duración dos proxectos será dun máximo de 12 meses, sendo o período de implementación entre o 1 de abril de 2015 e o 31 de marzo de 2016.

Data de publicación

15/11/2014

Data límite de solicitude

15/01/2015

Documentación

Contacto


Parlamento Europeo de España
Paseo de la Castellana, 46 E-28046 Madrid
Teléfonos: 91 436 47 47; 91 578 31 71; 91 577 13 65
epmadrid@europarl.europa.eu

Comentarios

Tanto o formulario de solicitude de partenariado como o proxecto proposto deben presentarse en inglés. Os documentos acreditativos poden presentarse na lingua orixinal.

As dúbidas e cuestións sobre a presente convocatoria poden dirixirse por correo electrónico a dgcomm-subvention@europarl.europa.eu , e responderáselle nun prazo máximo de 5 días laborables.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante