Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para a aplicación da lei de intercambio de información - HOME/2014/ISFP/AG/LAWX

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O acceso á información, incluíndo a través das fronteiras, é un elemento central da cooperación entre as autoridades policiais dos Estados membros da UE para que poidan protexer as seus cidadáns fronte á delincuencia e o terrorismo. Así, a presente convocatoria ten por obxecto apoiar proxectos en dúas áreas específicas:

• Intercambio de información transfronteirizo.

• Compartir información entre as Unidades de Información sobre Pasaxeiros.

Eidos de actuación

Os seguintes tipos de actividades son elixibles:

• Proxectos que promovan a creación de redes, as asociacións público-privadas, a confianza mutua, a comprensión y o aprendizaxe, a identificación e difusión das mellores prácticas e enfoques innovadores en programas de formación e de intercambio na Unión.
• Proxectos de apoio ao desenvolvemento de metodoloxía, ferramentas e métodos, e indicadores comúns.
• Adquisición, mantemento e/ou ulterior renovación do equipo técnico, experiencia, instalacións de seguridade, infraestruturas, edificios e sistemas relacionados.
• Proxectos de mellora da concienciación das políticas e obxectivos da UE.
• Proxectos particularmente innovadores no desenvolvemento de novos métodos e/ou a implementación de novas tecnoloxías.
• Estudos e proxectos piloto.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser entidades xurídicas. O solicitante debe estar establecido nun Estado membro da UE que participe no Fondo de Seguridade Interior ou ser unha organización internacional. Os socios deberán estar establecidos nun Estado membro que participe no Fondo de Seguridade Interior, ser un Estado non membro da UE da seguinte lista: Albania, Bosnia e Hercegovina, Xeorxia, Kosovo, Antiga República Iugoslava de Macedonia, Moldavia, Montenegro, Islandia, Liechtenstein, Noruega, República de Serbia, Suíza, Turquía e Ucraína.

Socios

Cada solicitude debe incluír como mínimo 3 entidades establecidas en 3 países diferentes.

Financiamento

A subvención mínima será de 250.000 euros. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 90% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

6.000.000 euros

Duración do proxecto

30 meses como máximo.

Data de publicación

04/11/2014

Data límite de solicitude

14/01/2015

Documentación

Contacto

Pódense enviar preguntas por correo electrónico, indicando claramente a referencia da convocatoria, a:

HOME-ISF@ec.europa.eu

A Comisión deberá dar una resposta dentro dos 15 días hábiles dende a recepción do correo electrónico

Comentarios

O procedemento para a presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e o contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/dgs/home-affairs/financing/fundings/priamos-section/index_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante