Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas Loita contra a Ciberdelincuencia e o Abuso Sexual Infantil - HOME/2014/ISFP/AG/CYBR

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A Estratexia de Ciberseguridade da UE, adoptada en Febreiro de 2013, estableceu as medidas necesarias para garantir a seguridade cibernética e de xeito máis eficaz loitar contra a ciberdelincuencia. Por outra banda, a Comisión puxo en marcha O Centro Europeo de Ciberdelincuencia (EC3) a principios de 2013. O EC3 converteuse nun punto focal para as cuestións relacionadas coa ciberdelincuencia e cooperou cos Estados membros e terceiros Estados nunha serie de investigacións de gran éxito.

Por último, a CE e EEUU cooperaron para iniciar unha Alianza Global contra o Abuso Sexual infantil en Internet no ano 2012, que reúne a 54 países.

As solicitudes presentadas nesta convocatoria deben centrarse en dúas prioridades:

• Creación de Asociacións Público-Privadas para loitar contra a ciberdelincuencia.

• Apoiar un enfoque integrado da UE para previr e combater o delito cibernético mediante o desenvolvemento das capacidades das autoridades encargadas de facer cumprir a lei.

Eidos de actuación

Os seguintes tipos de actividades son elixibles:

• Actividades de análise, seguimento e avaliación.
• Proxectos que promovan a creación de redes, as asociacións público-privadas, a confianza mutua, a comprensión y o aprendizaxe, a identificación e difusión das mellores prácticas e enfoques innovadores en programas de formación e de intercambio na Unión.
• Proxectos de apoio ao desenvolvemento de metodoloxía, ferramentas e métodos, e indicadores comúns.
• Adquisición, mantemento e/ou ulterior renovación do equipo técnico, experiencia, instalacións de seguridade, infraestruturas, edificios e sistemas relacionados.
• Proxectos de mellora da concienciación das políticas e obxectivos da UE.
• Proxectos particularmente innovadores no desenvolvemento de novos métodos e/ou a implementación de novas tecnoloxías.
• Estudos e proxectos piloto.

Para as accións en relación con terceiros países os seguintes tipos de actividades son elixibles:

• Accións que melloren a cooperación policial e a coordinación entre os organismos do orden público e, no seu caso, as organizacións internacionais.
• Creación de redes.
• Adquisición, mantemento e/ou ulterior renovación do equipo técnico, incluíndo os sistemas de TIC e os seus compoñentes;
• Intercambio, formación e educación do persoal e expertos das autoridades pertinentes.
• Actividades de sensibilización, difusión e comunicación.
• Avaliación das ameazas, de risco e de impacto.
• Estudos e proxectos piloto.

Destinatarios

Os solicitantes deben ser entidades xurídicas. O solicitante debe estar establecido nun Estado membro da UE que participe no Fondo de Seguridade Interior ou ser unha organización internacional. Os socios deberán estar establecidos nun Estado membro que participe no Fondo de Seguridade Interior, ser un Estado non membro da UE, ou ser unha organización internacional.

Socios

Cada solicitude debe incluír como mínimo 3 entidades establecidas en 3 países diferentes.

Financiamento

A subvención máxima será de 250.000 euros. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 90% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

5.000.000 euros

Duración do proxecto

24 meses como máximo.

Data de publicación

04/11/2014

Data límite de solicitude

16/01/2015

Documentación

Contacto

Pódense enviar preguntas por correo electrónico, indicando claramente a referencia da convocatoria, a:

HOME-ISF@ec.europa.eu

A Comisión deberá dar una resposta dentro dos 15 días hábiles dende a recepción do correo electrónico.

Comentarios

O procedemento para a presentación das solicitudes será a través de PRIAMOS, un sistema on-line. Os solicitantes terán que rexistrarse e obter o usuario e o contrasinal para acceder ao sistema. A información e guía sobre cómo rexistrarse e presentar a solicitude a través de PRIAMOS atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/dgs/home-affairs/financing/fundings/priamos-section/index_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante