Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas Gardiáns do Mar – MARE/2014/24

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é promover un mellor equilibrio entre a flota pesqueira da UE e os recursos pesqueiros dispoñibles; e contribuír á redución de dita flota ao mesmo tempo que se preservan os postos de traballo nas comunidades costeiras. Os proxectos deben examinar e demostrar, así mesmo, a viabilidade económica das actividades marítimas que non sexan a pesca.

A acción tamén debe servir para fomentar a reconversión de buques pesqueiros e a reorientación profesional dos pescadores cara actividades e servizos que contribúan á xestión e utilización sostible dos recursos mariños e marítimos.

A presente convocatoria ten tamén por obxecto promover os obxectivos dunha Política Marítima Integrada e da estratexia de Crecemento Azul.

Obxectivo específico da convocatoria

• Proba nas rexións costeiras do Mediterráneo, a viabilidade da reorientación profesional de pescadores que utilizan os buques reasignados a actividades distintas da pesca.

• Identificar e desenvolver solucións técnicas para a limpeza do mar.

• Identificar as condicións económicas e os custos operacionais dos buques que operan como plataforma para unha serie de actividades ambientais e marítimas distintas da pesca e identificar as formas de financiamento futuro.

• Identificar as necesidades de formación pertinentes dos pescadores, e no seu caso, propietarios dos buques, e identificar xeitos de cubrir estas necesidades y financialas;

• Apoiar a redución da capacidade pesqueira en liña cos obxectivos de reforma da PPC para ofrecer incentivos aos propietarios de buques e pescadores para abandonar o sector e optar pola reorientación profesional.

Eidos de actuación

Os seguintes tipos de actividades serán subvencionables:

• “Desk work”:
o Analizar a viabilidade técnica e económica de proxectos onde os pescadores utilizan a súa experiencia e coñecementos marítimos para levar a cabo as actividades marítimas distintas á pesca;
o identificar e analizar o custo da posta en marcha e o custo operacional dun buque e da súa tripulación levar a cabo as actividades antes mencionadas, e identificar fontes de financiamento potenciais;
o identificar as necesidades de capacitación dos pescadores e propietarios de buques para levar a cabo estas funcións e lograr resultados útiles.

• Actividades operacionais no mar:
o Comprobar a viabilidade da utilización dun buque pesqueiro reasignado como unha plataforma para actividades ambientais e marítimas distintas da pesca.

• Probas físicas e experimentación:
o Identificar e desenvolver solucións técnicas para a limpeza do mar.

• Presentación de informes e difusión:
o Conferencias, seminarios e accións de sensibilización e difusión.

Destinatarios

Os seguintes tipos de entidades son elixibles:

• Autoridades públicas (administración nacional, rexional e local);
• Organismos públicos ou semipúblicos;
• Organismos privados con ánimo ou sen ánimo de lucro;
• Centros de investigación e institucións educativas;
• Outras asociacións interesadas, como os Grupos de Acción Local de Pesca (GALP) dentro do Regulamento (CE) 1198/2006.

Os solicitantes deben demostrar a dispoñibilidade dun buque pesqueiro da UE tal como se define no Regulamento (CE) 2371/2002, para ser retirado ou que se retirase da flota pesqueira da UE, non antes dos 6 meses previos á publicación desta convocatoria. Así mesmo, ata o momento da retirada debe estar equipado cunha licenza de pesca válida dentro do Regulamento (CE) 1224/2009. Os solicitantes deben demostrar, ademais, que o buque está sendo ou que foi modificado para a nova reasignación fóra da pesca e que a tripulación, no seu caso, foi ou será capacitada para levar a cabo as novas actividades.
Soamente os solicitantes establecidos en Chipre, Grecia, Malta, Italia, Croacia, Eslovenia, Francia e España son elixibles.

Financiamento

O orzamento indicativo para cada proxecto é de entre 200.000 euros e 300.000 euros. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

600.000 euros.

Data de publicación

03/11/2014

Data límite de solicitude

09/01/2015

Documentación

Contacto

Todas as dúbidas relativas á convocatoria poderán ser enviados por correo electrónico indicando o asunto ”Guardians of the Sea” a:

MARE-D1@ec.europa.eu

Ditas dúbidas, xunto coas súas respostas, en caso de ser de interese xeral, publicaranse en:

http://ec.europa.eu/dgs/maritimeaffairs_fisheries/contracts_and_funding/calls_for_proposals / 2014_24 / index_en.htm

As preguntas soamente serán contestadas se son presentadas no máis tarde do 12 de decembre de 2014.

Comentarios

As solicitudes serán enviadas por correo certificado ou por servizo de mensaxería á seguinte dirección:

• Correo:
European Commission
Directorate-General for
Maritime Affairs and Fisheries
Unit MARE/D1
(Ref. MARE/2013/09)
Office: J-99 02/020
B – 1049 BRUSSELS

• Servizo de mensaxería:
European Commission
Directorate-General for
Maritime Affairs and Fisheries
Unit MARE/D1
(Ref. MARE/2013/09)
Office: J-99 02/020
Avenue du Bourget 1
B – 1140 BRUSSELS (Evere)

• Entregadas en man:
European Commission
Directorate-General for Maritime Affairs and Fisheries
Unit MARE/D1 (Ref. MARE/2013/09)
Office: J-99 02/020
Avenue du Bourget 1
B – 1140 BRUSSELS (Evere)

O departamento está aberto de 08.00 a 17.00 de luns a xoves, e de 8.00 a 16.00 os vernes.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante