Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fortalecemento da cooperación rexional no ámbito da recompilación de datos pesqueiros - MARE/2014/19

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Os datos fiables e completos son fundamentais para o bo funcionamento da Política Pesqueira Común (PPC). Por esta razón, estableceuse un marco comunitario para a recompilación e xestión de datos pesqueiros no ano 2000, que logo foi reformado en 2008, resultando no Marco de Recompilación de Datos (Data Collection Framework (DCF)) e base da actual convocatoria.

O obxectivo principal do DCF é asegurarse de que os datos están a disposición dos usuarios finais, para que as análises científicas sirvan como base para a xestión da pesca.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas ten por obxecto apoiar proxectos que permitan aos Estados membros acumular experiencia en novas áreas de cooperación rexional. Non ten a intención de apoiar as actividades que xa se levan a cabo como parte dos mecanismos de coordinación rexionais actuais.

Esta convocatoria abrangue o traballo das rexións relacionadas coa coordinación da recompilación, xestión e uso dos datos ou a subministración destes datos aos usuarios finais dos datos biolóxicos, económicos, ou de pesca.

Eidos de actuación

A convocatoria cubrirá dúas subvencións para dous proxectos. Estes dous proxectos non poden ter lugar na mesma rexión. Non obstante, os contratistas que reciban cada subvención deben coordinar o seu traballo para garantir, na medida do posible, que os rendementos obtidos son compatibles entre as rexións nas que os proxectos se levan a cabo.

Cada un dos proxectos cumprirá os seguintes requisitos:

1. Unha análise das principais actividades de coordinación e ferramentas desenvolvidas ata agora na rexión, no contexto das Reunións Rexionais de Coordinación (Rexional Coordination Meetings (RCMs)).

2. Un programa de mostraxe rexional para 2016 que cubra a pesca comercial para polo menos 4 stocks incluídos no actual Programa Plurianual da UE.

O deseño dun programa de mostraxe rexional conterá as seguintes tarefas:

a. Identificar e acordar directrices e metodoloxías de mellores prácticas
b. Poñerse de acordo en referencia a listas ou códigos
c. Avaliar as repercusións nos custos
d. Leccións aprendidas
e. En caso necesario, calquera outra actividade que axude a superar os obstáculos á cooperación rexional

3. Un programa de mostraxe rexional de 2016 que cubra o seguinte: a recompilación de datos sobre os impactos da pesca sobre o ecosistema que non estean incluídos no actual Programa Plurianual da UE.

a. Identificar os datos exactos a ser recompilados.
b. Desenvolver metodoloxías para a recollida destes datos novos
c. Asignación de tarefas aos Estados membros para a recompilación e a análise destes datos.

4. Procedementos para avaliar a calidade dos datos biolóxicos a escala rexional.

a. Preparar unha recompilación dos controis de calidade nacionais
b. Preparar unha recompilación dos controis de calidade rexionais
c. Establecer un calendario anual

5. Un programa de traballo rexional establecendo as actividades previstas e o marco de tempo necesario para aplicar os correspondentes resultados.

6. Achegas a partir dunha consulta rexional.

Requisitos das actividades:

• O proxecto debe abordar os obxectivos da presente convocatoria e cumprir cos seus requisitos.
• As solicitudes deben demostrar o carácter transfronteirizo do proxecto proposto, entre outras cousas a través da composición da asociación proposta e a rexión seleccionada, que debe caracterizarse por actividades múltiples e transfronteirizas (existentes ou potenciais).
• As actividades destes proxectos non poden ser incluídos nas actividades cubertas polo Programa Operativo dun Estado membro con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
• As actividades deben ir máis alá das actuacións cubertas polos programas de recompilación de datos 2014-2016 dos Estados membros.

Destinatarios

Poderanse presentar a esta convocatoria:

- As autoridades públicas (nacionais, rexionais, locais);
- Os centros de investigación;
- As universidades;
- As institucións educativas;
- As organizacións sen ánimo de lucro (privadas ou públicas).

Só son elixibles as solicitudes das entidades xurídicas establecidas nos Estados membros da UE.

Socios

Só se considerarán elixibles as solicitudes elaboradas por un consorcio de socios establecidos en varios Estados membros dunha mesma rexión mariña.

O consorcio debe incluír polo menos tres Estados membros que faenen nunha mesma rexión das seguintes 5: Mar Báltico, Mar do Norte e Ártico Oriental, Atlántico Norte, Mediterráneo e do Mar Negro, e a pesca de longa distancia fóra das augas da UE.

Os socios deben dedicarse a actividades marítimas que involucren a planificación, execución, xestión, procesamento, análise ou transmisión de datos DCF.

Financiamento

A subvención máxima indicativa por proxecto será de 400.000 euros.

A contribución máxima da UE é do 90% dos custos totais elixibles do proxecto.

A Comisión prevé financiar 2 proxectos no contexto desta convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 800,000 €.

Duración do proxecto

O acordo de subvención celébrase por un período de 12 meses a partir da data en que sexa asinado pola última parte contratante (a Comisión).

Data de publicación

29/10/2014

Data límite de solicitude

15/01/2015

Documentación

Contacto

As dúbidas e preguntas sobre esta convocatoria deberanse enviar á seguinte dirección de correo electrónico, indicando na referencia da convocatoria MARE/2014/19 e o seu título ”Strengthening rexional cooperation in the area of fisheries data collection”:

MARE-C3@ec.europa.eu

Estas preguntas xunto coas súas respostas publicaranse na seguinte páxina web:

http://ec.europa.eu/dgs/maritimeaffairs_fisheries/contracts_and_funding/calls_for_proposals/2013_09/index_en.htm

Comentarios

As solicitudes presentaranse no formulario debidamente cuberto, datado, mostrando un orzamento equilibrado (ingresos / gastos), presentado en 3 exemplares (un orixinal claramente identificado como tal, máis 2 copias), e asinadas pola persoa autorizada para contraer compromisos xuridicamente vinculantes en nome da organización solicitante.

As solicitudes enviaranse ás seguintes direccións:

a) por correo certificado:
European Commission
Directorate-General for Maritime Affairs and Fisheries
Unit MARE/C3
(Ref. MARE/2014/19)
Office: J-99 03/011
B – 1049 BRUSSELS

b) por servizo de mensaxería
European Commission
Directorate-General for Maritime Affairs and Fisheries
Unit MARE/C3
(Ref. MARE/2014/19)
Office: J-99 02/01124
Avenue du Bourget 1
B – 1140 BRUSSELS (Evere)

c) en man:
European Commission
Directorate-General for Maritime Affairs and Fisheries
Unit MARE/C3 (Ref. MARE/2014/19)
Office: J-99 03/011
Avenue du Bourget 1
B – 1140 BRUSSELS (Evere)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante