Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de proxectos sobre a ordenación do espazo marítimo - MARE/2014/22

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O Regulamento (UE) Nº 508/2014 relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca define as bases legais desta convocatoria. O 4 de xullo de 2014, a Comisión aprobou o Programa Anual de Traballo 2014 na área de política marítima integrada (PMI).

A Comisión, en particular a Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) organiza esta. A acción cuberta polo presente acordo de subvención forma parte dun programa cuxa implementación foi delegada á Axencia Executiva para as Pequenas e Medianas Empresas (EASME).

A ordenación do espazo marítimo (MSP) ofrece un marco para a xestión do mar nun contexto de intensificación da actividade económica no entorno marítimo europeo. A MSP proporciona estabilidade a longo prazo, previsibilidade e transparencia. Deste modo, o impacto no entorno marítimo debido á actividade económica debe ter uns límites claros. As propostas deben reflectir proxectos que estimulen a cooperación transfronteiriza, baseado no enfoque dos ecosistemas da MSP.

Esta convocatoria divídese en tres espazos: Mar Negro, Mar Báltico e Mar do Norte.

Eidos de actuación

Máis concretamente, as accións ás que deben encamiñarse os proxectos son:

• Apoiar a aplicación da Directiva 2014/89/UE pola que se establece un marco para a ordenación del espazo marítimo (MSP).

• Iniciar e executar medidas concretas de cooperación entre Estados Membros no Mar Negro, Mar Báltico e Mar do Norte, que participen mínimo dous Estados Membros e as autoridades competentes responsables da MSP nas área(s) seleccionado.

• Identificar posibles obstáculos e formular recomendacións sobre a aplicación da MSP nas zonas transfronteirizas.

As propostas de proxectos deben reflectir a seguinte composición:

• Posta en marcha da coordinación da MSP:
o Avaliación inicial.
o Desenvolvemento da cooperación da MSP.
o Avaliación.

• Xestión do proxecto e coordinación.

• Comunicación e Difusión.

• Leccións aprendidas.

Destinatarios

O solicitante e os seus socios deben ser autoridades ou organismos públicos dos Estados Membros.

Socios

A estrutura proposta debe incluír un Comité de Dirección presidido por un Lead Parther que proporcionará a dirección xeral do proxecto. A Comisión Europea e representantes dos Estados Membros nos que se realiza o proxecto deben participar no Comité de Dirección, así como unha adecuada representación dos socios involucrados.

Aos efectos desta convocatoria, no Espazo 1, o Mar Negro enténdese como o área cuberta pola Convención sobre a Protección do Mar Negro contra a contaminación. No Espazo 2, o Mar Báltico enténdese como o área cuberta pola Convención sobre a Protección do Medio Marítimo da Zona do Mar Báltico. No Espazo 3, o Mar do Norte enténdese como o Mar do Norte o área cuberta polo Convenio para a Protección do Medio Ambiente Marítimo do Nordeste Atlántico.

O proxecto debe ser xestionado por unha asociación na que os socios sexan autoridades ou organismos públicos de mínimo dous Estados Membros costeiros.

Financiamento

As subvenciones calcúlanse sobre a base dun orzamento estimado detallado onde se indiquen claramente os gastos que poidan recibir financiamento da UE. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

Esta convocatoria está subdividida en tres espazos, aos que lle corresponde a seguinte previsión de orzamento:

• Espazo 1, Mar Negro: 2.123.000 euros.
• Espazo 2 Mar Báltico: 2.123.000 euros.
• Espazo 3, Mar do Norte: 2.124.000 euros.

A previsión de orzamento total comunitario destinado a esta convocatoria dispoñible é de 6.370.000 euros.

Duración do proxecto

24 meses

Data de publicación

01/08/2014

Data límite de solicitude

14/11/2014

Documentación

Contacto

Poderanse enviar preguntas ao seguinte correo electrónico (non máis tarde do 15 de outubro):

MARE-E1@ec.europa.eu

Indicarase como asunto “Project on Maritime Spatial Planning”. As respostas de interese serán publicadas na seguinte páxina web:

http://ec.europa.eu/dgs/maritimeaffairs_fisheries/contracts_and_funding/calls_for_proposals/index_en.htm.

Comentarios

O formulario de solicitude e os modelos dos documentos que deben incluírse na solicitude están dispoñibles na páxina web:

http://ec.europa.eu/dgs/maritimeaffairs_fisheries/contracts_and_funding/calls_for_proposals/index_en.htm

A solicitude debe ser presentada unha copia impresa coa firma orixinal (non por fax, escaneado ou duplicado doutro tipo), así como en CD ROM. A versión en papel ten que ser idéntica á versión electrónica. As solicitudes enviadas por fax ou correo electrónico non serán aceptadas.

As solicitudes deben ser enviadas á seguinte dirección:

 Correo:

Directorate-General for Maritime Affairs and Fisheries
Unit MARE-E-1 (Ref. MARE/2014/22)
Lot:
B – 1049 BRUSSELS

 Servicio de mensaxería / entrega a man:

European Commission
Directorate-General for Maritime Affairs and Fisheries
Unit MARE-E-1 (Ref. MARE/2014/22)
Lot:
Avenue du Bourget 1
B – 1140 BRUSSELS (Evere)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante