Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas Proxecto piloto - Conectado pola saúde: Solucións de benestar e atención sanitaria en acceso aberto a redes FTTH - FTTH2014

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Sobre a base das experiencias pilotos sobre atención sanitaria accesible dende o domicilio, que fai uso da infraestrutura de redes FTTH (Fiber To The Home, fibra óptica ata o domicilio) de acceso aberto en Finlandia e Suecia, esta convocatoria de propostas ten por obxecto beneficiar ás persoas de idade avanzada, as persoas con discapacidade e / ou outras persoas en Europa que viven en zonas rurais e que teñen un acceso limitado ou nulo á atención sanitaria.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo principal é explorar, identificar e probar solucións sanitarias electrónicas, novas e existentes, co fin de corroborar os modelos rendibles e útiles e/ou as mellores prácticas para a atención sanitaria accesible dende o domicilio.

O beneficiario elaborará un informe que avaliará e propoñerá modelos rendibles e útiles e / ou as mellores prácticas para a atención sanitaria accesible dende o domicilio en Europa, baseada na experiencia do proxecto piloto en Finlandia e Suecia. O informe tamén fará recomendacións para facilitar a potencial reprodución ao longo da UE.

Eidos de actuación

Tipos de actividades subvencionables dentro desta convocatoria de propostas:

- O proxecto piloto ten que ser implementado tanto en Finlandia coma en Suecia;
- Actividades destinadas a explorar, identificar e probar solucións sanitarias electrónicas en acceso aberto a redes FTTH e intercambios de boas prácticas;
- Facer uso do potencial da innovación no campo das solucións de atención médica a domicilio en acceso aberto a redes FTTH;
- Desenvolver enfoques innovadores para promover as mellores prácticas para a atención sanitaria dende o domicilio e facer recomendacións para aplicar potencialmente os resultados do proxecto a nivel da UE;
- Estudos relacionados e análise;
- Actividades de investigación e demostración;
- Actividades de difusión e explotación relacionadas;
- Actividades de xestión e coordinación.

Destinatarios

Son entidades elixibles: as autoridades públicas, os centros de investigación, as universidades, as empresas e as organizacións (nacionais, rexionais ou locais) sen fins de lucro (públicas ou privadas), establecidas en Estados membros da UE.

Non poden participar as persoas físicas e as entidades sen personalidade xurídica.

As persoas xurídicas que teñan un vínculo xurídico ou de capital cos solicitantes, que non se limite nin á acción nin sexa establecido para o único propósito da súa implementación, poderán participar na convocatoria como entidades afiliadas, e poderán declarar os custos elixibles. Para iso, os solicitantes deberán identificar tales entidades afiliadas no formulario de solicitude.

Socios

As actividades poden ser implementadas por varias entidades que traballen en conxunto (é dicir, en consorcio), sempre que o número mínimo de tales entidades sexa de 3 e estean establecidas en Estados membros da UE.

A modo de excepción, unha solicitude pode ser presentada por un único solicitante, sempre que:

- Estea formado por un mínimo de 3 persoas xurídicas que cumpran cos criterios de elixibilidade, selección e non exclusión establecidos na presente convocatoria, e executen en conxunto o proxecto proposto.

- O formulario debe identificar as devanditas entidades.

Financiamento

A subvención da UE limítase a unha porcentaxe de cofinanciamento máxima do 50% dos custos subvencionables.

En consecuencia, parte do total dos gastos subvencionables previstos no orzamento estimativo deberá provir de fontes distintas da subvención da UE.

O cofinanciamento externo pode estar composto por contribucións en especie para cubrir outros custos necesarios para levar a cabo o proxecto. Tales contribucións non deben exceder de:

- Os gastos realmente efectuados, debidamente xustificados por documentos contables; ou
- En ausencia de tales documentos, os custos xeralmente aceptados no mercado de que se trate.

As contribucións en especie deberán presentarse por separado no orzamento estimado que reflicta os recursos totais asignados á acción. O seu valor unitario avaliarase no orzamento provisional e non estará suxeito a cambios posteriores.

As contribucións en especie deberán cumprir co imposto nacional e as normas de seguridade social.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 1.000.000 euros.

A Comisión espera financiar 1 proxecto.

Duración do proxecto

O período de duración dos proxectos é de 12 meses.

Data de publicación

28/07/2014

Data límite de solicitude

30/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

Mrs Adina Ratoi: CNECT-HEALTH-PILOT@ec.europa.eu

Comentarios

O formulario da solicitude pódese descargar na seguinte páxina web:

https://ec.europa.eu/digital-agenda/en/news/call-proposals-fiber-home-ftth-2014

As solicitudes presentaranse no formulario correcto, debidamente cumprido, datado, mostrando un orzamento equilibrado (ingresos / gastos), presentadas en 4 exemplares (un orixinal claramente identificado como tal, máis 3 copias), e asinadas pola persoa autorizada para contraer compromisos xuridicamente vinculantes en nome da organización solicitante.

Comisión Europea – DG Redes de Comunicación, Contenido y Tecnologías (CNECT)
Directorate H: Sustainable and Secure Society
Unit H1 – Health and Well-Being – office BU31 01/66
for the attention of Mr Peteris Zilgalvis, Head of Unit
B-1049 Bruselas, Bélgica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante