Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Acción preparatoria - Fondo para a rehabilitación das vítimas da tortura - 2014 - HOME/2014/PAVT/AG

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo principal desta convocatoria é crear unha liña de financiamento para o beneficio último das vítimas da tortura sexan cidadáns e / ou inmigrantes presentes na UE.

Eidos de actuación

As actividades financiadas permitirán a centros de rehabilitación, novos ou xa existentes, establecidos na Unión Europea ofrecer ás vítimas de tortura unha rehabilitación o máis completa posible, así como o seu empoderamento para reconstruír a súa vida e dignidade e para encontrar o seu papel na sociedade.

As prioridades desta convocatoria de propostas son:

• Prioridade 1: acceso á rehabilitación integral.
• Prioridade 2: apoiar a capacitación dos centros de rehabilitación establecidos na UE a través de actividades en redes, a investigación, a formación, etc.
• Prioridade 3: apoiar actividades encamiñadas ao empoderamento das vítimas.
• Prioridade 4: apoiar accións de promoción destinadas a garantir que os Estados membros cumpren o dereito á rehabilitación tal e como se define na Observación Xeral 3 do artigo 14 da Convención contra a Tortura.

Destinatarios

Son organizacións elixibles: as autoridades nacionais, rexionais e locais, as organizacións non gobernamentais (ONG), as entidades públicas ou privadas, os departamentos universitarios e os centros de investigación que teñan personalidade xurídica e estean debidamente inscritos nun dos Estados membros da UE.

As organizacións internacionais, independentemente do seu lugar de establecemento, e as organizacións establecidas fóra da UE non son elixibles para recibir subvencións no marco da presente convocatoria de propostas.

Ademais, só poderán participar aquelas organizacións que traballen sobre unha base non lucrativa.

Socios

Esta convocatoria financiará só proxectos transnacionais deseñados, presentados e executados por un consorcio de polo menos 2 organizacións distintas de polo menos 2 Estados membros da UE.

As actividades do proxecto proposto deben ser deseñadas, desenvolvidas e implementadas en polo menos 2 Estados membros da UE. As actividades realizadas en Estados non membros da UE non son elixibles para a presente convocatoria e os custos relacionados non serán cofinanciados.

Financiamento

O importe da subvención solicitada polo consorcio para a implementación dun proxecto individual será de entre 300.000 euros e 750.000 euros. A participación financeira da Unión Europea non poderá exceder do 90% dos custos elixibles totais da acción.

O presuposto dispoñible debería permitir cofinanciar de 4 a 10 proxectos en función dos importes das subvencións individuais.

O mesmo consorcio pode solicitar cofinanciamento para varios proxectos distintos. Un consorcio pode participar en varios proxectos, pero debe ter suficiente capacidade financeira e operativa para cumprir coas súas obrigas en todos os proxectos.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 3.000.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos terán unha duración indicativa de entre 18 e 24 meses.

Data de publicación

24/07/2014

Data límite de solicitude

25/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse, indicando a referencia da convocatoria, á seguinte dirección de correo electrónico:

HOME-VOT-PP@ec.europa.eu

As preguntas sobre o uso da aplicación PRIAMOS remitiranse á seguinte dirección:

HOME-JUST-PRIAMOS-USM@ec.europa.eu

Comentarios

As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do sistema PRIAMOS achegando todos os documentos requiridos.

As solicitudes só se poden enviar despois de rexistrarse no sistema PRIAMOS. O proceso de rexistro pode tardar ata 15 días. Queda á responsabilidade do solicitante rexistrarse en PRIAMOS ao seu debido tempo.

Os documentos escaneados deben estar en formato PDF. A aplicación só deixa subir arquivos de ata un máximo de 100 MB.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante