Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EIT ICT Labs Idea Challenge

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Dende 2010, EIT ICT Labs está mobilizando constantemente talentos, ideas, tecnoloxías, investimentos, así como a empresas de toda Europa e máis alá. O obxectivo do EIT ICT Labs é empoderar aos mellores talentos en TIC para o futuro e para desenvolver innovacións TIC mediante a subministración de recursos, asesoramento e unha rede única para axudar a novas empresas a ter éxito. O ecosistema caracterízase por unha forma aberta e colaboradora de traballar con socios que representan a empresas globais, aos principais centros de investigación e ás mellores universidades no campo das TIC.

Esta convocatoria diríxese a emprendedores e start-ups do sector TIC que teñan ideas innovadoras relacionadas con algunha das seguintes áreas:

• Sistemas intelixentes de enerxía
• Seguridade cibernética e privacidade
• Internet das cousas
• Vida urbana e mobilidade

Orzamento total da convocatoria

En cada categoría, os finalistas poderán gañar un premio en efectivo de 15.000 a 40.000 euros, así como formación do EIT ICT Labs Business Development Accelerator e seis meses de espazo de oficinas nun dos seus centros situados en Europa.

Ademais, gañar o ”Idea Challenge” supón ter acceso á ampla rede de innovación do EIT ICT Labs que conta con máis de 120 asociados, entre eles algunhas das empresas TIC máis grandes de Europa e do mundo, como Siemens, Nokia, SAP, Intel e Philips, así como as principais universidades e institutos de investigación.

Data de publicación

01/09/2014

Data límite de solicitude

30/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

ideachallenge@eitictlabs.eu

Comentarios

Os mellores equipos serán invitados a Berlín, Trento, Estocolmo ou Londres (dependendo do tema) co fin de presentar as súas ideas ante un xurado de expertos.

As solicitudes presentaranse en liña a través da seguinte páxina web:

https://eitictlabs.fluidreview.com/

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante