Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERANet - LAC 1º Convocatoria conxunta de investigación e innovación

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A rede do espazo europeo de investigación chamada ERANet-LAC publicou a primeira convocatoria de propostas para proxectos de investigación e innovación. Esta rede é unha iniciativa de cooperación birregional entre a Unión Europea, por unha parte, e Latinoamérica e o Caribe, por outra, sobre ciencia e tecnoloxía.

Como é habitual co esquema ERA-NET, trátase dunha convocatoria conxunta entre as axencias financiadoras nacionais que forman parte da rede, onde cada país financia (segundo a normativa nacional respectiva) os seus grupos de investigación que participan na convocatoria transnacional. No caso de España, os organismos financiadores son o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) e o Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO).

Eidos de actuación

Os temas nos que participa España a través do MINECO e do ISCIII son:

1. Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO):

- As biorrefinerías pequenas autosostibles para o multiprocesamento de materias primas dos residuos agroindustriales e urbanos para biocombustibles avanzados, produtos químicos de base biolóxica e biomateriais. (Países participantes: Alemaña, Arxentina, Bélxica, Colombia, España, Francia, México, Noruega, Panamá, Portugal, Perú, República Dominicana, Romanía, Uruguai e Chile).

- Cara a sistemas de enerxía de cero carbono para a calefacción e a refrixeración en procesos industriais mediante as tecnoloxías solares, incluíndo as cubertas externas dos edificios. (Países participantes: Arxentina, España, Francia, México, Noruega, Panamá, Portugal, Perú, República Dominicana, Romanía, Turquía, Uruguai e Chile).

2. Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII):

- Avaliación de intervencións de baixo nivel para facer fronte aos trastornos metabólicos crónicos e as súas enfermidades cardiovasculares asociadas na UE e os países de América Latina e o Caribe. (Países participantes: Arxentina, Bélxica, Brasil, España, Francia, Panamá, Perú, República Dominicana, Romanía, Turquía e Chile).

- Investigación na prevención de enfermidades infecciosas e promoción do benestar. (Países participantes: Alemaña, Arxentina, Bélxica, Brasil, España, Francia, Panamá, Perú, República Dominicana, Romanía, Uruguai e Chile).

Destinatarios

- Entidades elixibles por parte do MINECO: as universidades, centros públicos de investigación, institutos de investigación privados sen ánimo de lucro e centros tecnolóxicos.

- Entidades elixibles por parte do ISCIII: os hospitais, centros de atención primaria ou establecementos públicos de saúde do Sistema Nacional de Saúde (SNS) con dirección legal en España, os institutos de investigación en saúde (IIS) e os centros CIBER (só no caso de que o solicitante sexa o coordinador do consorcio transnacional).

Socios

Deben formar parte como socios do consorcio do proxecto un mínimo de catro entidades de catro países diferentes, incluíndo dous socios de cada rexión e cun máximo de dous socios por país. Un dos socios debe actuar como coordinador.

Orzamento total da convocatoria

O presuposto inicial do MINECO para o financiamento de proxectos desta convocatoria é de 500.000 euros, mentres que o do ISCIII é de 200.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos que establece a convocatoria é de 36 meses, sen prexuízo do establecido polas normas nacionais respectivas.

Data de publicación

16/09/2014

Data límite de solicitude

27/11/2014

Documentación

Contacto

CYTED - Ibero-American Programme for Science, Technology and Development
Guillermo Morales Rodríguez
ERANet-LAC Call secretariat
CYTED, Secretaría General
C/ Amaniel 4, 28015 Madrid, España
Telf: +34 91 531 6387
gmorales@cyted.org

Project Management Agency at the German Aerospace Centre (DLR) unit “European and International Cooperation”:
Marianne Vaske: Tel.: +49 228 3821 - 1439
Sophie von Knebel: Tel.: +49 228 3821 – 1628
jointcall@eranet-lac.eu

Comentarios

A presentación farase en liña mediante a ferramenta electrónica CYTED, accesible directamente na web http://calleranet-lac.cyted.org e tamén mediante o enlace incluído na web da convocatoria.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante