Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de bolsas para científicos internacionais novos no marco do proxecto Dragon Star (FP7-INCO)

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo da convocatoria, pertencente ao programa Fellowship for Young International Scientists, é promover o intercambio académico e a cooperación entre os institutos da CAS (Chinese Academy of Science) e das institucións internacionais de investigación e universidades, mediante a atracción de científicos internacionais novos para levar a cabo un período de investigación cooperativa nos institutos da CAS.

Destinatarios

Requisitos que deben cumprir os candidatos:

1. Ser cidadán dun país que teña relacións diplomáticas formais coa República Popular de China.

2. Ter boas habilidades de comunicación en inglés ou chinés, sendo capaz de comunicar de xeito independente no seu lugar de traballo.

3. Comprometerse a cumprir coas leis da República Popular de China e as regras pertinentes do CAS e a institución de acollida.

4. Os solicitantes a nivel científico investigador deben ter un título de doutorado, ser menores de 40 anos e contar con máis de cinco anos de experiencia en investigación e logros académicos notorios.

5. Os solicitantes postdoutorais deben contar cun doutorado e ser menores de 35 anos.

Orzamento total da convocatoria

A CAS proverá cada destinatario cunha subvención que cubrirá o salario do beneficiario, as axudas e o seguro médico, entre 18.300 e 30.500 euros (sen contar impostos) por ano.

A cantidade exacta determinarase en función da duración da visita e o nivel académico do visitante. Os beneficiarios a nivel investigador científico, menores de 40 anos, recibirán ata 30.500 euros ao ano. Os beneficiarios post-doutorais, menores de 35, recibirán ata 18.300 euros ao ano.

Data de publicación

01/09/2014

Data límite de solicitude

15/09/2014

Documentación

Contacto

Email: hhgong@cashq.ac.cn

Comentarios

Hai dúas vías para solicitar as bolsas. As solicitudes poderán ser presentadas por unha institución de acollida da CAS ou por un centro asociado internacional designado pola CAS.

1. As solicitudes das institucións de acollida: un instituto de acollida poderá presentar as solicitudes, tendo en conta as súas necesidades e a capacidade e o nivel da súa cooperación e comunicación cun candidato determinado.

2. As solicitudes das institucións asociadas estranxeiras: a CAS invitará as principais institucións internacionais asociadas a designar os potenciais visitantes. As solicitudes de institutos CAS e institucións internacionais asociadas deben ser presentadas ante a Oficina de Cooperación Internacional, CAS.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante