Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Segunda convocatoria Europa Redes e Xestores 2014

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A segunda convocatoria Europa Redes e Xestores 2014, é unha nova convocatoria de accións de dinamización de carácter internacional, contempladas no Programa Estatal da I+D+i orientada aos Retos da Sociedade.

Esta actuación ten por obxecto o financiamento dos gastos dedicados á creación ou fortalecemento de estruturas que promovan a participación dos grupos de investigación en proxectos internacionais, en especial Horizonte 2020, así como o traballo en rede que favoreza a creación de sinerxías entre os axentes galegos do Sistema Español de Ciencia Tecnoloxía e Empresa.

Obxectivo específico da convocatoria

A súa finalidade de xeito específico é:

a) Incrementar a participación de todos os axentes do Sistema español en proxectos e programas internacionais.
b) Fomentar o traballo en rede dos distintos axentes do Sistema español en distintas iniciativas internacionais.
c) Posibilitar a coordinación e o liderado de grandes proxectos de H2020.
d) Mellorar a taxa de éxito e de retorno conseguido polas entidades beneficiarias en H2020 con respecto a 7PM.
e) Apoiar o acceso de entidades executoras de I+D+I a accións de programación conxunta.
f) Fomentar a excelencia e internacionalización do persoal investigador das institucións executoras de I+D+I.
g) Apoiar o acceso a H2020 de entidades españolas sen experiencia previa.
h) Facilitar o cumprimento dos obxectivos de participación establecidos nos plans estratéxicos de internacionalización das entidades beneficiarias.

Destinatarios

1. Poderán ser beneficiarios das axudas as seguintes persoas xurídicas sen ánimo de lucro que estean validamente constituídas e teñan domicilio fiscal en España:

a) Organismos públicos de investigación definidos no artigo 47 da Lei 14/2011, da 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.

b) As universidades públicas e as universidades privadas con capacidade e actividade demostrada en I+D, de acordo co previsto na Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, e inscritas no Rexistro creado polo Real Decreto 1509/2008, do 12 de setembro, polo que se regula o Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.

c) Outros centros públicos de I+D. Organismos públicos e centros con personalidade xurídica propia dependentes ou vinculados á Administración Xeneral do Estado, e os dependentes ou vinculados ás Administracións públicas territoriais e os seus organismos, ou participados maioritariamente polo sector público, calquera que sexa a súa forma xurídica.

d) Entidades e institucións sanitarias públicas e privadas sen ánimo de lucro, vinculadas ou concertadas co Sistema Nacional de Saúde que desenvolvan actividade investigadora.

e) Institutos de investigación sanitaria acreditados conforme ao establecido no Real Decreto 339/2004, do 27 de febreiro, e normas complementarias.

f) Entidades públicas e entidades privadas sen fin de lucro que realicen actividade de I+D definida nos seus estatutos como actividade principal, e que xeren coñecemento científico ou tecnolóxico.

Non poderán concorrer a esta convocatoria os centros tecnolóxicos de ámbito estatal e centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal que estean inscritos no rexistro de centros creado polo Real Decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal.

2. Conforme ao artigo 11.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, tamén terán a consideración de beneficiarios as entidades asociadas ao beneficiario que se comprometan a efectuar parte ou a totalidade das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta deste, podendo tamén imputar gasto.

Considéranse membros asociados aqueles que teñan co beneficiario unha relación ou vínculo de carácter xurídico non contractual, que se encontre recollido nos seus estatutos, en escritura pública ou en documento análogo de constitución.

Os membros asociados deberán ser persoas xurídicas pertencentes a algunha das categorías que se describen no apartado anterior para os beneficiarios.

Socios

As actuacións desta convocatoria poderán ser solicitadas na modalidade individual ou en cooperación con ou sen entidades asociadas. No caso de actuacións en cooperación os beneficiarios participantes actuarán representados por unha das entidades, que será o interlocutor ante a Administración, e canalizará con este as relacións correspondentes.

Financiamento

As subvencións poderán cubrir ata un máximo de 250.000 euros por cada actuación.

Orzamento total da convocatoria

A contía máxima destinada a financiar as axudas de «Europa Redes e Xestores» será de 5.300.000 euros.

Duración do proxecto

O prazo de execución das actuacións será dun a tres anos, a contar dende a data que se determine na resolución de concesión. En todo caso, a data de inicio non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2014.

Data de publicación

01/08/2014

Data límite de solicitude

09/09/2014

Documentación

Contacto

Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

http://www.mineco.gob.es/portal/site/mineco/idi

Comentarios

As solicitudes presentaranse electronicamente a través das aplicacións de solicitude e de firma electrónica, dispoñibles na sede electrónica da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, nos termos previstos no artigo 12 da Resolución do 23 de xullo de 2014, da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se aproba a convocatoria Europa Redes e Xestores 2014.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante