Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Rede Europea en materia de Educación e Formación Profesional (FP) de Cedefop - GP/RPA/ReferNet-FPA/004/14

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria, cuxo obxectivo é establecer unha rede europea de FP-ReferNet, ten por obxecto seleccionar a un solicitante de Grecia e un de Romanía cos que o Cedefop celebrará un acordo marco de asociación por unha duración de 12 meses, así como celebrar con cada solicitante elixido un acordo específico de subvención para a execución dun plan de traballo de 12 meses que deberá levarse a cabo en 2015.

Os acordos marco de asociación desenvolveranse na práctica mediante acordos de subvención específicos. Por conseguinte, os solicitantes deberán presentar unha proposta para o acordo marco de asociación de 12 meses de duración, así como unha solicitude de subvención para a actuación correspondente a 2015.

Destinatarios

Para participar na licitación, os solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:

a) ser unha organización pública ou privada, co seu propio réxime xurídico e personalidade xurídica (en consecuencia, non se admitirán as candidaturas de persoas físicas, é dicir, particulares);

b) estar establecido nun dos países seguintes:

- Grecia, Romanía.

Financiamento

A subvención varía en función da poboación do país e concédese para a execución dun programa de traballo anual.

O presuposto total dispoñible para o programa de traballo correspondente a 2015 distribuirase entre tres grupos de países, en función da poboación de cada un destes.

- Primeiro grupo de países: Croacia, Chipre, Estonia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Eslovenia e Islandia. Importe máximo da subvención: 23.615 euros.

- Segundo grupo de países: Austria, Bélxica, Bulgaria, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Grecia, Hungría, Irlanda, Países Baixos, Portugal, Romanía, República Eslovaca, Suecia e Noruega. Importe máximo da subvención: 33.625 euros.

- Terceiro grupo de países: Francia, Alemaña, Italia, Polonia, España e Reino Unido. Importe máximo da subvención: 43.620 euros.

A subvención da Unión constitúe unha contribución financeira adicional aos custos do beneficiario (e/ou co-beneficiarios) e ás achegas locais, rexionais, nacionais e/ou privadas.

A contribución comunitaria total non excederá o 70% dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento considerado dispoñible para os catro anos de vixencia dos acordos marco de asociación ascende a 4.000.000 euros, en función das decisións anuais da Autoridade Presupostaria.

O orzamento total dispoñible para o plan de traballo anual correspondente a 2015 (duración do proxecto: 12 meses) é de 980.000 euros para os 28 Estados membros, Islandia e Noruega.

Duración do proxecto

O proxecto terá unha duración de 12 meses.

O solicitante deberá demostrar a súa capacidade para realizar todas as actividades previstas durante este período e garantir un axeitado financiamento da execución do plan de traballo.

Data de publicación

19/07/2014

Data límite de solicitude

26/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

c4t-services@cedefop.europa.eu

Comentarios

As solicitudes deberán axustarse aos requisitos establecidos na versión completa da convocatoria e presentarse utilizando os formularios oficiais facilitados.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante