Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Comunidades Conectadas

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Comunidades Conectadas é unha iniciativa da Comisión Europea para apoiar ás rexións e as cidades no desenvolvemento de redes de banda ancha. O obxectivo é identificar e apoiar unha serie de proxectos piloto innovadores para o despregamento de banda ancha de alta velocidade que poida ser reproducido en toda a Unión Europea.

A iniciativa planificará potenciais proxectos europeos de banda ancha, e identificará os máis desenvolvidos, aos que se lles dará prioridade para recibir os servizos de ”asistencia técnica” no marco do Mecanismo Conectar Europa, en colaboración entre a Comisión Europea e o Banco Mundial.

A iniciativa tamén creará unha comunidade de actores que traballarán para superar os desequilibrios na oferta da banda ancha de alta velocidade.

Obxectivo específico da convocatoria

Invítase a todas as partes que traballan a nivel local, rexional e nacional a presentar á Comisión Europea as súas ideas e plans no ámbito de proxectos de implementación de banda ancha.

Eidos de actuación

Co fin de poder optar a unha asistencia técnica no marco do Mecanismo Conectar Europa (MCE), un proxecto deberá axustarse aos criterios de financiamento previstos no Regulamento do MCE e no anexo sobre orientacións en materia de telecomunicacións do MCE. Entre estes criterios inclúese:

• a contribución aos obxectivos da Axenda Dixital para Europa (por exemplo, ofrecer servizos de banda ancha de alta velocidade de polo menos 30 Mbps);
• a cobertura de ámbitos que non serán cubertos por outros investidores;
• a utilización da tecnoloxía avanzada que pareza máis axeitada para abordar as necesidades da zona xeográfica de que se trate, tendo en conta factores sociais e económicos;
• a tecnoloxía que mellor se adapte ao proxecto concreto, en termos de velocidade, seguridade da transmisión, resiliencia da rede e rendibilidade;
• a posibilidade de reproducir o proxecto noutro país ou rexión.

Destinatarios

A presentación de proxectos de banda ancha está aberta a calquera entidade local, rexional ou nacional, tanto semipúblicas coma privadas.

O proxecto de banda ancha debe estar situado nun ou máis Estados membros da UE.

Data de publicación

10/07/2014

Data límite de solicitude

15/10/2014

Documentación

Contacto

Persoas de contacto

Correo electrónico: comm-kroes@ec.europa.eu
Tel: +32.229.57361
Twitter: @RyanHeathEU

Comentarios

A convocatoria consta dalgunhas preguntas básicas acerca da proposta do proxecto, o promotor e a comunidade local interesada polo proxecto. O cuestionario que debe cumprirse tamén inclúe algunhas preguntas sobre o estado actual da infraestrutura e os logros socioeconómicos que se espera ao conectar a comunidade local.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante