Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas do Fondo de Investigación do Carbón e do Aceiro - 2014 - RFCS-2014

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O Fondo de Investigación do Carbón e do Aceiro apoia a investigación innovadora nos sectores do carbón e do aceiro. O fondo foi creado en 2002 - momento en que expirou o Tratado da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA). O Fondo complementa o Programa Horizonte 2020 aínda que se xestiona de forma independente. Cobre todo o ciclo de produción e utilización do aceiro e carbón, áreas claves para o desenvolvemento económico sostible e continuo de Europa.

Obxectivo específico da convocatoria

• RFCS-01-2014: Carbón.

O Programa de Investigación do Fondo de Investigación do Carbón e do Aceiro, apoia as actividades de investigación orientadas a conseguir os seguintes obxectivos definidos para o carbón:

-A mellora da posición competitiva do carbón comunitario.
-Saúde e seguridade nas minas.
-Protección eficaz do medio e a mellora da utilización do carbón como fonte de enerxía limpa
-Xestión da dependencia externa no abastecemento enerxético.

• RFCS-02-2014: Aceiro.

O Programa de Investigación do Fondo de Investigación do Carbón e do Aceiro, apoiará as actividades de investigación orientadas a lograr os seguintes obxectivos definidos para o aceiro:

-A produción de aceiro novo e mellorado e técnicas de rematado.
-Investigación e desenvolvemento tecnolóxico e a utilización do aceiro.
-Conservación dos recursos e a mellora das condicións de traballo.

Eidos de actuación

Áreas temáticas abertas:

• RFCS-01-2014: Carbón.
As propostas deben estar relacionadas coa produción, elaboración, transformación ou utilización do carbón.

• RFCS-02-2014: Aceiro.
As propostas deben estar relacionadas coa produción e / ou procesamento do ferro e / ou aceiro, ou das súas propiedades, así como coa fabricación e / ou utilización dos produtos de aceiro.

Tipos de accións comúns a ambas as dúas áreas temáticas:
-Proxectos de investigación.
-Proxectos piloto e de demostración.
-Medidas de acompañamento: difusión e valorización dos coñecementos adquiridos.

Destinatarios

A convocatoria está aberta a:

• Empresas
• Entidades públicas
• Organismos de investigación
• Centros de ensino superior e secundario

Socios

Non existe un requisito específico aínda que os consorcios adoitan estar formados por entre 4 e 10 socios cunha ampla representación xeográfica.

Financiamento

O orzamento total divídese entre as áreas temáticas do carbón e o aceiro:

• RFCS-01-2014: Carbón: financiamento de 12.975.000 euros.
• RFCS-02-2014: Aceiro: financiamento de 34.725.000 euros

Financiamento europeo previsto segundo o tipo de acción:

-Proxectos de investigación: o 60%
-Proxectos piloto e de demostración: o 50%
-Medidas de acompañamento: o 60%

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 47,70 M€

Duración do proxecto

-Para os proxectos de investigación e para os proxectos piloto e de demostración: entre 36 e 42 meses.

-Para as medidas de acompañamento: 18 meses.

Data de publicación

08/07/2014

Data límite de solicitude

15/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre o programa do Fondo de Investigación do Carbón e do Aceiro enviaranse á seguinte dirección:

rtd-steel-coal@ec.europa.eu

Comentarios

Enlace para o envío electrónico da proposta para a área RFCS-01-2014: Carbón:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/rfcs/topics/rfcs-01-2014.html#tab3

Enlace para o envío electrónico da proposta para a área RFCS-02-2014: Aceiro:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/rfcs/topics/rfcs-02-2014.html#tab3

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante