Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Subvencións para as fundacións políticas a escala europea 2015 - IX-2015/02

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

As fundacións políticas a escala europea, como organizacións afiliadas aos partidos políticos a escala europea, poden apoiar e complementar as súas actividades, especialmente contribuíndo ao debate sobre aspectos da política europea e sobre a integración europea, actuando mesmo como catalizadores de novas ideas, análise e opcións políticas.

Está prevista unha subvención de funcionamento anual do Parlamento Europeo para as fundacións políticas que a soliciten e que respecten as condicións establecidas no Regulamento nº 2004/2003.

A subvención ten por obxecto apoiar o programa de traballo anual do beneficiario.

Destinatarios

Para aspirar a unha subvención, unha fundación política a escala europea deberá cumprir as condicións previstas no artigo 3, apartado 2, do Regulamento (CE) nº 2004/2003:

a) estar afiliada a un dos partidos políticos a escala europea recoñecidos conforme ao Regulamento, segundo o certificado por este último;

b) ter personalidade xurídica no Estado membro onde estea localizada a súa sede. A mencionada personalidade xurídica ha de ser distinta da do partido político a escala europea ao que a fundación está afiliada;

c) respectar, en particular no seu programa e as súas actividades, os principios nos que se basea a Unión Europea, a saber, os principios de liberdade, democracia, respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, así como do Estado de Dereito;

d) non promover fins lucrativos;

e) ter un órgano de goberno de composición xeograficamente equilibrada.

Financiamento

O importe máximo da axuda económica concedida polo Parlamento Europeo non superará o 85% dos custos subvencionables de funcionamento das fundacións políticas a escala europea.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 13.668.000 euros.

Duración do proxecto

A presente convocatoria de propostas refírese ás solicitudes de subvencións para o exercicio 2015 e cobre o período de actividade comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2015.

Data de publicación

17/06/2014

Data límite de solicitude

30/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

fin.part.fond.pol@europarl.europa.eu

As solicitudes enviaranse en dous sobres con todos os documentos a presentar.

No sobre exterior figurará a dirección do remitente e deberá dirixirse a:

EUROPEAN PARLIAMENT
Mail Service
KAD 00D008
2929 Luxembourg

No sobre interior figurará a dirección seguinte:

President of the European Parliament
Attn. Mr Roger Vanhaeren, Director-General of Finance
SCH 05B031
2929 Luxembourg

Ademais, no sobre interior deberá indicarse:

“Call for proposals — 2015 Grants to Political Foundations at European Level. Not to be opened by the postal service or by any unauthorised person”

Comentarios

Teranse en conta unicamente as solicitudes escritas que se presenten mediante o formulario de solicitude de subvención incluído no anexo 1 da Decisión da Mesa do 29 de marzo de 2004, que estean dirixidas ao Presidente do Parlamento Europeo e respecten os prazos de presentación.

Os documentos a presentar detállanse no texto da convocatoria.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante