Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Subvencións para os partidos políticos a escala europea 2015 - IX-2015/01

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A subvención ten por obxecto apoiar o programa de traballo anual do beneficiario.

Destinatarios

Para aspirar a unha subvención, un partido político a escala europea deberá cumprir as condicións previstas no artigo 3, apartado 1, do Regulamento (CE) non 2004/2003:

a) ter personalidade xurídica no Estado membro onde estea localizada a súa sede;

b) estar representado, en polo menos a cuarta parte dos Estados membros, por membros do Parlamento Europeo ou nos parlamentos nacionais ou rexionais, ou nas asembleas rexionais, ou ben ter obtido, en polo menos a cuarta parte dos Estados membros, polo menos o tres por cento dos votos emitidos en cada un dos devanditos Estados membros nas últimas eleccións ao Parlamento Europeo;

c) respectar, en particular no seu programa e as súas actividades, os principios nos que se basea a Unión Europea, a saber os principios de liberdade, democracia, respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, así como do Estado de Dereito;

d) ter participado nas eleccións ao Parlamento Europeo ou ter manifestado a súa intención de facelo.

Financiamento

O importe máximo da axuda económica concedida polo Parlamento Europeo non superará o 85% dos custos subvencionables de funcionamento dos partidos políticos a escala europea.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 28.350.084 euros.

Duración do proxecto

A presente convocatoria de propostas refírese ás solicitudes de subvencións para o exercicio 2015 e cobre o período de actividade comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2015.

Data de publicación

17/06/2014

Data límite de solicitude

30/09/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

fin.part.fond.pol@europarl.europa.eu

As solicitudes enviaranse en dous sobres con todos os documentos a presentar.

No sobre exterior figurará a dirección do remitente e deberá dirixirse a:

EUROPEAN PARLIAMENT
Mail Service
KAD 00D008
2929 Luxembourg

No sobre interior figurará a dirección seguinte:

President of the European Parliament
Attn. Mr Roger Vanhaeren, Director-General of Finance
SCH 05B031
2929 Luxembourg

Ademais, no sobre interior deberá indicarse:

“Call for proposals — 2015 Grants to Political Parties at European Level. Not to be opened by the mail service or by any unauthorised person”

Comentarios

Teranse en conta unicamente as solicitudes escritas que se presenten mediante o formulario de solicitude de subvención incluído no anexo 1 da Decisión da Mesa do 29 de marzo de 2004, que estean dirixidas ao Presidente do Parlamento Europeo e que respecten os prazos de presentación.

Os documentos a presentar detállanse no texto da convocatoria.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante