Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria bolsas EIRBUS do Instituto Banco Europeo de Investimento

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

EIBURS (EIB University Research Sponsorship Programme), o programa de mecenado en favor da investigación universitaria, ofrece subvencións a centros universitarios de investigación dedicados a especialidades e temas de investigación de grande interese para o Banco.

Eidos de actuación

Para o curso académico 2014/2015, o programa EIBURS seleccionou tres novas liñas de investigación:

• Análise económica dos investimentos en eficiencia enerxética (EE): O centro universitario de investigación que reciba apoio de EIBURS establecerá un programa de investigación que desenvolva un marco xeral de avaliación do impacto dos investimentos en EE sobre o benestar e o aplique a unha análise do custo-beneficio de diferentes tipos de investimentos. Deberá analizar os obstáculos non económicos para a EE e os medios para superalos.

• Cambio demográfico na UE, os anciáns de idade moi avanzada e a necesidade de modelos innovadores para unha asistencia a persoas maiores máis eficiente: O centro deberá realizar unha investigación en asuntos de interese relativos ao cambio demográfico como un enfoque estratéxico e preparación dos países da UE para responder ás necesidades de infraestruturas e recursos humanos, repercusións en materia de custos e instrumentos financeiros para crear ou manter as infraestruturas de asistencia, etc.

• Impacto do microfinanciamento na inclusión financeira e social en Europa: Deberase levar a cabo un programa de investigación centrado nas seguintes cuestións clave e baseado sobre todo na experiencia europea, como por exemplo, ¿Que relación hai entre o prezo dun microcrédito, un crédito alcanzable e a inclusión social e financeira?

Poderanse realizar outras actividades como:

• organización de cursos e seminarios,
• creación de bases de datos,
• realización de enquisas, etc.

Destinatarios

Departamentos universitarios ou centros de investigación interesados vinculados a universidades dos Estados membros da UE e dos países candidatos ou candidatos potenciais que posúan unha especialización recoñecida nas áreas seleccionadas polo BEI.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento será de 100.000 euros anuais.

Duración do proxecto

Ata 3 anos.

Data de publicación

18/06/2014

Data límite de solicitude

30/09/2014

Documentación

Contacto

As propostas enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

events.eibinstitute@eib.org

Comentarios

Esta convocatoria derívase do Programa de Coñecemento do Instituto Banco Europeo de Investimento.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante