Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción Preparatoria. Dieta saudable: idade temperá e poboación envellecida

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Esta convocatoria apoiará intervencións relacionadas coa alimentación saudable nos primeiros anos e o envellecemento da poboación.

Obxectivo específico da convocatoria

Defínense tres prioridades:

1. Promover unha dieta equilibrada e un nivel de nutrición adecuado en todas as idades.

Obxectivos

• Apoiar campañas públicas e efectivas para concienciar a poboación (nenos, adultos e anciáns) da necesidade dunha nutrición axeitada e dunha dieta equilibrada, ensinar á poboación o xeito de axustar a nutrición aos seus hábitos, preferencias e necesidades e, ao mesmo tempo, ter presente que un nivel axeitado de actividade física é clave para a saúde e o benestar.
• Informar, formar e desenvolver as competencias dos profesionais da saúde en canto ao xeito de identificar unha nutrición inadecuada, as necesidades nutricionais das persoas maiores e a importancia dunha dieta equilibrada e un bo estado nutricional.
• Informar e educar os coidadores e a poboación en xeral sobre as necesidades nutricionais das persoas maiores e sobre a importancia dun bo estado nutricional e dunha dieta equilibrada.

2. Monitorización do estado nutricional das persoas maiores.

Obxectivos:

• Apoiar a monitorización habitual de pacientes con ferramentas estándar en enfermarías de hospitais, centros de atención temperá e fogares da comunidade.
• Apoiar a monitorización do estado nutricional como factor de risco en persoas maiores da comunidade.
• Apoiar a identificación de riscos nutricionais e as necesidades nutricionais dos pacientes da terceira idade.

3. Adopción de boas prácticas na xestión da nutrición en centros de saúde e hospitais.

Obxectivos:

• Apoiar a adopción de boas prácticas que contribúan a superar as barreiras existentes para un diagnóstico axeitado e o tratamento da malnutrición nos anciáns.
• Apoiar a adopción de axudas, directrices e protocolos para unha dieta equilibrada baseadas en probas científicas, co obxectivo de mellorar os resultados clínicos e a calidade de vida dos pacientes e da poboación en xeral.
• Apoiar as boas prácticas que melloran a calidade e a cantidade de alimentos inxeridos polas persoas maiores.

Eidos de actuación

As actividades poden consistir en:

• Estudos
• Actividades de formación
• Accións de seguimento
• Accións de divulgación e concienciación
• Actividades de asesoramento e titoría
• Actividades de investigación e de recollida de datos
• Difusión de información

Destinatarios

A convocatoria está aberta a entidades legais, con ou sen personalidade xurídica, establecidas nun estado membro da Unión Europea.

Financiamento

A contribución máxima da UE por proxecto encóntrase entre 50.000 e 200.000 euros.

A contribución financeira da UE non pode superar o 75% dos custos totais elixibles do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total indicativo para a convocatoria é 500.000 euros.

Duración do proxecto

As actividades financiadas deberán levarse a cabo nun período máximo de 18 meses.

Data de publicación

03/06/2014

Data límite de solicitude

14/08/2014

Documentación

Contacto

As solicitudes deben presentarse en papel ante a DG SANCO. Non se aceptarán propostas presentadas por fax ou correo electrónico.

Dirección de contacto para pedir información:

SANCO-PA-HEALTHYDIET@ec.europa.eu

As solicitudes enviaranse á seguinte dirección:

CALL FOR PROPOSALS FOR PREPARATORY ACTION ON “HEALTHY DIET: EARLY YEARS AND AGEING POPULATION”
European Commission
Directorate General Health and Consumers (DG SANCO)
For the attention of:
Ms. Maria Iglesia Gomez, Head of Unit SANCO.02
Avenue du Bourget 1
B-1140 BRUXELLES

Comentarios

O formulario da solicitude pódese descargar en:

http://ec.europa.eu/dgs/health_consumer/funding/call_health_diet_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante