Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas: COMM/MAD/2014/02 Representación da Comisión Europea en España

- Programa de subvencións de iniciativas para promover o debate e aumentar a sensibilización acerca das prioridades políticas da UE

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A convocatoria está deseñada co obxectivo de proporcionar cofinanciamento a proxectos tales como universidades de verán ou módulos académicos, conferencias, debates públicos, seminarios, coloquios e sesións de intercambio de información e mellores prácticas. A convocatoria publícase para aumentar a sensibilización cara á UE e as prioridades da política de comunicación, así como para debater as prioridades políticas clave da UE, tal como se establecen no programa de traballo da Comisión para 2014.

Obxectivo específico da convocatoria

Trátase dun programa de subvencións en materia de comunicación. Na avaliación dos proxectos presentados resultará crucial o esforzo por promover e comunicar as políticas e os programas da UE, tanto ante o público destinatario, coma ante o público xeral, mediante a elaboración dun plan mediático (estratexia para atraer con medios impresos, audiovisuais, en liña e medios sociais e/ou colaborar con eles).

O obxectivo é capitalizar acontecementos especiais e iniciativas nacionais ou rexionais que impliquen a axentes da sociedade civil e formadores de opinión para aumentar o coñecemento xeral do público acerca das actividades da Comisión, en particular no contexto das prioridades políticas. Os seus obxectivos específicos son os seguintes:

-Aumentar a sensibilización e a comprensión das cuestións relacionadas coas prioridades políticas da UE.
-Relacionar estas cuestións coas comunidades locais dos solicitantes e/ou os públicos destinatarios, sobre todo ao nivel rexional.
-Estimular o debate sobre as políticas pertinentes a escala nacional, rexional e local.
-Alentar a participación do público nestes debates.
-Producir resultados indirectos ou produtos derivados tanxibles e duradeiros.
-Xerar cobertura mediática (medios de prensa, audiovisuais, en liña e sociais) dos eventos.


Eidos de actuación

Os proxectos presentados deberán abordar un dos seguintes tres temas:

1. Futuro da UE/Unión Económica e Monetaria (UEM)
2. Creación de emprego
3. Apoio ás empresas, en particular as PEME

Os proxectos deben adoptar a forma de seminarios e conferencias ou actividades para grupos de destinatarios específicos e contribuír ben á posta en común das mellores prácticas en toda España e/ou a estreitar vínculos entre os cidadáns, a sociedade civil e as institucións da Unión Europea, en particular, mediante un mellor coñecemento e competencias prácticas (se procede) das prioridades políticas da Unión, o seu papel e actividades, incluído o financiamento de programas.

Todos os eventos deberán:

-Levarse a cabo en España durante o período de execución sinalado.
-Recoñecer a contribución da Comisión Europea en todas as publicacións e material promocional. Debe garantirse unha axeitada visibilidade co uso do logo da UE en todo o material escrito e/ou electrónico de publicidade do evento.
-Estar claramente relacionada cunha actividade do nivel da UE.
-Incluír oradores especializados.
-Entregar un rexistro útil, accesible e claro dos seus resultados.
-Os solicitantes deberán presentar un plan de comunicación como parte da súa presentación.

Destinatarios

A convocatoria está aberta a universidades, grupos de reflexión, ONG e outras organizacións sen ánimo de lucro, como as que asesoran as pequenas empresas e a comunidade emprendedora.

Para poder optar a unha subvención, os solicitantes deberán poder demostrar que son:

• unha única entidade (beneficiario único)
• sen ánimo de lucro (sindicatos, organizacións de empresarios, etc.)
• unha persoa xurídica (NON unha persoa física)
• rexistrada nun dos Estados membros da UE
• organizacións públicas
• universidades
• grupos de reflexión,
• ONG e outras sen ánimo de lucro
• organismos asesores de pequenas empresas e a comunidade empresarial

Financiamento

Destinaranse 60.000 euros para os proxectos enmarcados no tema 1, outros 65.000 euros para o tema 2 e 60.000 euros para o tema 3.

A subvención máxima dispoñible para cada solicitante individual será de 15.000 euros.

A Comisión proporcionará un máximo do 80% dos custos subvencionables totais. Os solicitantes terán que obter o 25% restante doutras fontes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado ao cofinanciamento dos proxectos no marco da presente convocatoria estímase en 170.000 euros.

Duración do proxecto

O proxecto deberá executarse entre o 1 de novembro de 2014 e o 30 de outubro de 2015.

Data de publicación

12/06/2014

Data límite de solicitude

01/08/2014

Documentación

Contacto

Representación de la Comisión Europea en España
Laura Danieliute
Dirección de correo electrónico: COMM-REP-ES-GRANTS@ec.europa.eu
Dirección administrativa: Paseo de la Castellana 46 – 28046 Madrid - España

Comentarios

Unicamente serán subvencionables os proxectos que carezan estritamente de ánimo de lucro ou cuxo obxectivo inmediato non sexa comercial.

As solicitudes deben presentarse por escrito e con tres copias completas de todos os documentos, utilizando o formulario de solicitude dispoñible en:

http://ec.europa.eu/spain/index_es.htm

As solicitudes deberán enviarse por correo, en man ou por medio dun servizo de mensaxería á dirección seguinte:


REPRESENTACIÓN DE LA COMISIÓN EUROPEA EN ESPAÑA
Convocatoria de propuestas: COMM/MAD/2014/02 2
Paseo de la Castellana 46
28046 Madrid, España

Non se aceptarán as solicitudes enviadas por fax ou correo electrónico.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante