Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas subvencións de funcionamento no campo de Saúde - 2014 - HP-FPA-2014 Terceiro programa de acción da Unión no ámbito da saúde

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

As subvencións de funcionamento concederanse aos organismos non gobernamentais, incluídas as redes, que traballan a nivel da UE en calquera das prioridades indicadas no Terceiro programa de saúde. En 2014 prestarase especial atención aos organismos non gobernamentais / redes de traballo a nivel da UE que traballen no ámbito das enfermidades crónicas, o cancro, o VIH / SIDA, as enfermidades raras e a prevención do tabaquismo.

Eidos de actuación

As contribucións financeiras concedidas pola UE poden estar relacionadas co funcionamento dun organismo non gobernamental ou cos custos asociados á coordinación dunha rede por un organismo sen ánimo de lucro.

Todas as actividades no ámbito do Terceiro Programa da Saúde, tal como se define no Anexo 1 do Regulamento, poden ser financiadas por unha subvención específica concedida conforme a un Acordo Marco de Asociación. En 2014, entre estas subvencións de funcionamento, darase apoio de forma prioritaria ás tarefas de apoio á difusión do Código europeo contra o cancro, á secretaría do Foro da Sociedade Civil sobre o VIH/sida, ademais de ás actividades relacionadas coas enfermidades raras en xeral, a prevención do tabaquismo e a prevención e xestión das enfermidades crónicas.

Destinatarios

As solicitudes serán elixibles se son presentadas por persoas xurídicas. Nesta farase constar a condición xurídica do solicitante.

Ademais, só son elixibles os organismos non gobernamentais e redes coordinadas por unha organización sen ánimo de lucro. Neste último caso só o coordinador pode solicitar a subvención de financiamento, non os membros da rede.

O solicitante (organismo non gobernamental ou coordinador da rede) debe cumprir os seguintes requisitos:

Ser non gobernamental, sen ánimo de lucro e independentes da industria, comercio ou empresas e non incorrer noutros posibles conflitos de interese.

A rede debe cumprir co seguinte criterio:

-Ser transparente e independente financeiramente da industria, comercio ou empresas e non incorrer noutros posibles conflitos de interese.

O organismo non gobernamental solicitante ou a rede deben cumprir cos seguintes criterios:

-Estar a traballar na área da saúde pública, desempeñando un papel eficaz no proceso de diálogo civil a nivel da Unión;
-Estar levando a cabo, polo menos, un dos obxectivos específicos do Terceiro programa de saúde;
-Ser activa no ámbito da Unión e en polo menos a metade dos Estados membros da UE (por exemplo, ter membros en polo menos a metade dos Estados membros);
-Ter unha cobertura xeográfica equilibrada na Unión,
-Compatibilidade da súa actividade cos principios da Unión Europea, segundo os artigos 8 a 12 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

Socios

Só poderá presentar a solicitude unha única entidade.

A entidade solicitante debe estar establecida nun Estado Membro da Unión Europea, ou nun país pertencente á EFTA/EEA (Islandia e Noruega).

As entidades de terceiros países, como os países en vías de adhesión, os países candidatos e candidatos potenciais beneficiarios dunha estratexia de preadhesión, os países veciños e os países aos que, de conformidade coas condicións establecidas por un acordo bilateral ou multilateral se lles aplica a Política Europea de Veciñanza, poderán solicitar o cofinanciamento, aínda que só baixo a condición de que o seu país asinase un acordo específico.

A colaboración con terceiros países que non participen no programa deberá ser facilitada, aínda que esta colaboración non inclúe a concesión de financiamento proveniente do programa. Non obstante, os gastos de viaxe e manutención de expertos invitados, ou viaxes a estes países, pódense considerar subvencionables se se xustifican de xeito adecuado, sempre que sexan casos excepcionais que contribúan directamente aos obxectivos do programa.

Financiamento

A contribución máxima da UE é do 60% dos custos totais elixibles do proxecto. Pódese decidir cofinanciar ata o 80% se a proposta cumpre o criterio de utilidade excepcional establecido no Anexo VII do Programa de Traballo 2014.

Para obter unha subvención de funcionamento, o solicitante deberá presentar unha solicitude para un Acordo Marco de Asociación (Framework Partnership Agreement (FPA)) para o período 2015 a 2017 e ao mesmo tempo un Acordo de Subvención Específica (Specific Grant Agreement (SGA)) para o ano 2015.

Os candidatos seleccionados asinarán despois un FPA para unha duración de tres anos (2015-2017). O FPA incluirá un programa de traballo plurianual para o período 2015-2017, xunto cun plan sobre o presuposto. A firma dun FPA non garante cofinanciamento anual.

Só se avaliará as propostas SGA dos candidatos seleccionados no FPA. As propostas SGA mellor clasificadas recibirán financiamento para o funcionamento da súa Organización para o ano 2015. Este proceso de convite / avaliación SGA repetirase para os anos 2016 e 2017.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total indicativo para esta convocatoria é de 4.650.000 euros.

Duración do proxecto

Os criterios de selección permitirán avaliar a capacidade financeira e operativa da organización solicitante para completar o programa de traballo proposto para os 3 anos de vixencia do Acordo Marco de Asociación.

En xeral, as organizacións elixibles cofináncianse de acordo a un ano contable.

Habitualmente, concédese unha subvención (un Acordo de Subvención Específico, SGA) para un ano natural.

Data de publicación

06/06/2014

Data límite de solicitude

25/09/2014

Documentación

Contacto

Axencia Executiva de Consumidores, Saúde e Alimentación (Chafea)

Teléfono: +352 4301 37707
Dirección de correo: CHAFEA-HP-CALLS@ec.europa.eu
Horario de atención: 9:30h a12:00h y de 14:00h a 17.00h

Comentarios

As solicitudes deberán enviarse online a través da seguinte páxina web.

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/h2020/index.html

En primeiro lugar, haberá que elixir un dos temas nos que se quere participar de entre os recollidos na páxina web da convocatoria.

https://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/index.html

Ademais, terase que crear unha conta para poder enviar a solicitude e rexistrar a todos os socios:

https://webgate.ec.europa.eu/cas/eim/external/register.cgi

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/organisations/register.html

Os solicitantes serán informados por escrito dos resultados do proceso de selección.

Ao presentar unha proposta, o solicitante acepta os procedementos e condicións recollidos na convocatoria e nos documentos aos que se fai referencia nela.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante