Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de subvencións para proxectos no eido da Saúde - 2014 - HP-PJ-2014 Terceiro programa de acción da Unión no ámbito da saúde

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A convocatoria está composta por 7 temas individuais nas áreas de enfermidades crónicas, o envellecemento, o prezo dos produtos médicos, vixilancia da saúde e as infeccións relacionadas.

Obxectivo específico da convocatoria

-PJ-01-2014 Innovación para previr e controlar as enfermidades crónicas:

Poñer máis énfase nos novos enfoques sobre prevención das principais enfermidades crónicas, incluíndo a vinculación entre a prevención e as intervencións sanitarias, facendo fincapé nos grupos de maior risco.

-PJ-02-2014 Diagnóstico precoz e exame de enfermidades crónicas

As enfermidades crónicas máis importantes, como por exemplo, a diabete tipo 2 ou enfermidades cardiovasculares, a miúdo non se diagnostican ata que aparecen complicacións. O obxectivo deste tema é explorar o potencial do diagnóstico precoz coa finalidade de conseguir un control e un tratamento máis eficaz das enfermidades crónicas. Os avances técnicos, os enfoques innovadores e os avances na medicina conducen á mellora das posibilidades de identificar o inicio e a progresión das enfermidades.

-PJ-03-2014 Reinserción profesional das persoas con enfermidade crónica

Existe un crecente número de persoas que non poden traballar debido a enfermidades crónicas. Esta é unha preocupación para os pacientes e tamén ten consecuencias na sostibilidade da seguridade social e os sistemas de traballo en toda Europa. O obxectivo deste tema é identificar estratexias innovadoras para adaptar o lugar de traballo ás necesidades das persoas con enfermidades crónicas e para mellorar a súa inserción ou reinserción no mundo laboral.

-PJ-04-2014 Adhesión, fraxilidade, atención integrada e condicións multicrónicas

O obxectivo deste tema é o de facilitar o intercambio de mellores prácticas entre os Estados membros, apoiar as redes de intercambio de coñecementos, liberar o potencial da innovación en saúde, co fin de garantir unha toma de decisións informada a nivel europeo.

-PJ-05-2014 Datos estatísticos para o prezo de medicamentos

Preténdese lograr unha mellor coordinación a nivel da UE co fin de facilitar o control por parte dos Estados membros dos presupostos públicos dos medicamentos, ao mesmo tempo que se trata de evitar / mitigar os posibles impactos negativos sobre o acceso dos pacientes á atención médica.

-PJ-06-2014 Vixilancia da saúde e sistema de informes

O obxectivo é preparar a transición cara a un sistema sostible e integrado de información sanitaria na UE, tanto para fins de investigación coma de saúde pública, ao mesmo tempo que se explora o potencial dunha infraestrutura europea de consorcio para a busca de información na área da saúde.

-PJ-07-2014 Atención sanitaria a longo prazo en materia de infeccións

Mellorar a prevención e control de infeccións nos fogares de anciáns e centros de atención a longo prazo na UE, co obxectivo de previr e conter a propagación da resistencia aos antibióticos no longo prazo.

Eidos de actuación

-PJ-01-2014 Innovación para previr e controlar as enfermidades crónicas:

Os proxectos financiados deben concentrarse en identificar enfoques innovadores para a prevención, tomando como exemplo algunhas das enfermidades crónicas máis importantes susceptibles de prevención. Centraranse en: a prevención da diabete, as enfermidades cardiovasculares e a identificación de boas prácticas de vinculación e integración entre a prevención e as intervencións sanitarias.

-PJ-02-2014 Diagnóstico precoz e exame de enfermidades crónicas

Os proxectos terán dous obxectivos principais: A) identificar os criterios para o uso do diagnóstico precoz nos ámbitos de atención sanitaria e desenvolver plans de posta en marcha baseados nunha análise dos beneficios económicos e médicos; B) ofrecer unha visión global e unha avaliación dos principais programas de intervención temperá e das investigacións máis importantes.

-PJ-03-2014 Reinserción profesional das persoas con enfermidade crónica

Os proxectos deberán ofrecer unha avaliación completa da dispoñibilidade de servizos de apoio, programas de educación / capacitación, recursos e ferramentas prácticas en Europa e máis alá, para abordar problemas profesionais das persoas que viven con enfermidades crónicas e trastornos mentais, incluída a mellora da súa reinserción e / ou empregabilidade no lugar de traballo.

-PJ-04-2014 Adhesión, fraxilidade, atención integrada e condicións multicrónicas

Esta acción ten como obxectivo apoiar proxectos que fomentan unha prevención baseada na innovación, coordinación e comunidades globais.

-PJ-05-2014 Datos estatísticos para o prezo de medicamentos

Esta acción ten por obxecto apoiar as actividades centradas na identificación de datos de conxunto que conteñan información sobre os prezos de produtos médicos en vista dunha mellor coordinación das políticas nacionais no ámbito da referencia externa dos prezos dos medicamentos.

-PJ-06-2014 Vixilancia da saúde e sistema de informes

Os proxectos deberán referirse a actividades como: o seguimento dos sistemas de saúde e da saúde da poboación mediante o uso de indicadores comúns validados; o seguimento dos impactos dos químicos ambientais para a saúde; seguimento e informes sobre a saúde perinatal e do neno; unha plataforma para a vixilancia de lesións, etc.

-PJ-07-2014 Atención sanitaria a longo prazo en materia de infeccións

Os proxectos centraranse na maneira na que as redes de control de infeccións rexionais e transfronteirizas, que aplican medidas harmonizadas de control de infeccións, poden contribuír a previr a propagación de resistencias antimicrobianas.

Destinatarios

A entidade solicitante debe estar establecida nun Estado Membro da Unión Europea, ou nun país pertencente á EFTA/EEA (Islandia e Noruega).

Poden participar organismos doutros países como subcontratados ou como socios colaboradores no proxecto pero non poden recibir financiamento. Non obstante, os gastos de viaxe e manutención de expertos invitados, ou viaxes a estes países, pódense considerar subvencionables se se xustifican de xeito adecuado, sempre que sexan casos excepcionais que contribúan directamente aos obxectivos do programa.

Socios

O proxecto debe contar coa participación dun mínimo de tres entidades independentes entre si, e que estean establecidas en tres países diferentes de entre os elixibles no Programa.

Financiamento

A contribución máxima da UE é do 60% dos custos totais elixibles do proxecto. Pódese decidir cofinanciar ata o 80% se a proposta cumpre o criterio de utilidade excepcional establecido no Anexo VII do Programa de Traballo 2014.

Cantidades indicativas para cada un dos 7 campos de actuación e subvencións previstas:

-PJ-01-2014 Innovación para previr e controlar as enfermidades crónicas: 2.500.000 euros. Prevese a concesión de varias subvencións.
-PJ-02-2014 Diagnóstico precoz e exame de enfermidades crónicas: 1.500.000 euros. Prevese a concesión de varias subvencións.
-PJ-03-2014 Reinserción profesional das persoas con enfermidade crónica: 1.000.000 euros. Só se prevé conceder unha subvención.
-PJ-04-2014 Adhesión, fraxilidade, atención integrada e condicións multicrónicas: 3.000. 000 euros. Prevese a concesión de varias subvencións.
-PJ-05-2014 Datos estatísticos para o prezo de medicamentos: 300.000 euros. Só se prevé conceder unha subvención.
-PJ-06-2014 Vixilancia da saúde e sistema de informes: 3.500.000 euros. Só se prevé conceder unha subvención.
-PJ-07-2014 Atención sanitaria a longo prazo en materia de infeccións 500.000 euros. Só se prevé conceder unha subvención.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total indicativo para esta convocatoria é de 12.300.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos é de 36 meses.

Os proxectos que comezasen antes da data de envío do formulario de solicitude quedarán excluídos de financiamento con cargo ao Programa de Saúde.

Data de publicación

06/06/2014

Data límite de solicitude

25/09/2014

Documentación

Contacto

Axencia Executiva de Consumidores, Saúde e Alimentación (Chafea)

Teléfono: +352 4301 37707
Dirección de correo: CHAFEA-HP-CALLS@ec.europa.eu
Horario de atención: 9:30h a 12:00h y de 14:00h a 17.00h

Comentarios

As solicitudes deberán enviarse online. En primeiro lugar, haberá que elixir un dos temas nos que se quere participar de entre os recollidos na páxina web da convocatoria.

https://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/index.html

Ademais, terase que crear unha conta para poder enviar a solicitude e rexistrar a todos os socios:

https://webgate.ec.europa.eu/cas/eim/external/register.cgi

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/organisations/register.html

Os solicitantes serán informados por escrito dos resultados do proceso de selección.

Ao presentar unha proposta, o solicitante acepta os procedementos e condicións recollidos na convocatoria e nos documentos aos que se fai referencia nela.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante