Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

2ª Convocatoria ERA-Net ERA SynBio: Building Synthetic Biology Capacity Through Innovative Transnational Projects

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

ERASynBio é un programa de tres anos financiado polo plan ERA-NET da Comisión Europea incluído no 7º Programa Marco. O obxectivo do plan ERA-NET é intensificar a cooperación e a coordinación das actividades de investigación e desenvolvemento levados a cabo nos Estados membros da UE e os Estados asociados.

O programa reúne a 16 fondos e / ou organizacións de xestión de 14 países e dous países observadores, co obxectivo de coordinar os programas nacionais e rexionais de financiamento no campo da bioloxía sintética. No caso español, o organismo de xestión será o Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO).
Esta segunda convocatoria conxunta ten como obxectivo apoiar proxectos de investigación transnacionais en bioloxía sintética.

Por outra parte, a convocatoria utilizarase para poñer en práctica as recomendacións da Visión Estratéxica ERASynBio. Fomentarase e apoiarase as actividades relacionadas coa investigación e a innovación responsable, a creación dunha comunidade no campo da bioloxía sintética, a formación e educación, así como a información e as tecnoloxías.

Eidos de actuación

Os proxectos poderían provir dun ou máis dos seguintes subcampos científicos: enxeñaría metabólica, circuítos de regulación, biosistemas ortogonais, bionanociencia, xenomas mínimos e protocélulas.

Ademais, os proxectos, deben integrar os seguintes criterios:

- Espérase que as propostas demostren unha interrelación entre a bioloxía, a enxeñaría, as matemáticas, a física, a química ou a informática co fin de superar a fragmentación e establecer unha verdadeira empresa de investigación interdisciplinaria.
- Todos os proxectos deben cumprir cos principios da opinión N º 25 do Grupo Europeo de Ética en Ciencias e Novas tecnoloxías.
- Cada consorcio debe incorporar un elemento estratéxico na súa solicitude para ser elixible.

Os consorcios teñen liberdade á hora de elixir este elemento estratéxico e poden levar a cabo calquera actividade que cumpra o obxectivo xeral da área estratéxica. Non obstante, xa que non todos os organismos de financiamento poden financiar calquera tipo de elemento, os solicitantes deben consultar o texto da convocatoria ou dirixirse ás persoas de contacto nacionais se non están seguros de se a actividade en concreto é financiable.

Elementos estratéxicos:

1. Innovación responsable: Tema 2: Investigación responsable e innovación.
2. Creación dunha comunidade no campo da bioloxía sintética: Tema 3. Unha comunidade transnacional multidisciplinar e interrelacionada
3. Formación e educación. Tema 4: Un grupo de traballo especializado, creativo e interconectado.
4. Información e tecnoloxías. Tema 5: Innovación, código aberto e tecnoloxía.

Destinatarios

O Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO), pola parte española, apoiará a participación de Universidades, OPIs, Centros Tecnolóxicos, así como organizacións de investigación privadas sen ánimo de lucro.

Socios

Só se financiarán proxectos transnacionais. Cada proposta debe incluír socios de polo menos tres países diferentes pero non máis de sete socios en total.

Aqueles investigadores de países que non participen na convocatoria, incluídos os países de fóra de Europa, están invitados a participar sempre que a súa participación estea financiada cos seus propios recursos.

Financiamento

O financiamento concederase de acordo coas regulacións nacionais.

No caso español concederanse 150.000 € por socio (200.000 € para o coordinador do proxecto). Cando participe máis dun socio español na mesma proposta, o financiamento máximo para a parte española non debe exceder os 250.000 € por subvención.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible para esta convocatoria é de aproximadamente 16 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos terán unha duración de 3 anos.

Data de publicación

05/06/2014

Data límite de solicitude

03/07/2014

Documentación

Contacto

Dr. Annette Kremser
Project Management Jülich
Division Biological Innovation and Economy (BIO)
Forschungszentrum Jülich GmbH
52425 Jülich, Germany
Germany phone: +49 2461 61-3213
Fax: +49 2461 61-1790
a.kremser@fz-juelich.de
www.fz-juelich.de/ptj

Ministerio de Economía y Competitividad (MINECO)
Dr Julio Barbas
Dirección General de Investigación Científica y Técnica
Teléfono +91 603 8384
julio.barbas@mineco.es

Comentarios

Programas aos que pertence esta Convocatoria:

-Programa ERA-NET incluído no 7º Programa Marco
-Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade

As normas xerais que figuran no texto da convocatoria e na guía da convocatoria aplícanse a todos os solicitantes. Ademais, existen normas nacionais elaboradas polos organismos de financiamento específicas para cada país. En consecuencia, os solicitantes deben consultar e cumprir coa normativa específica destes organismos nacionais de financiamento.

Por outra parte, as propostas deben ser enviadas electronicamente polo coordinador de cada proxecto a través da ferramenta de envío en liña en:

http://www.erasynbio.eu/2nd-call

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante