Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción preparatoria: Centros de información para os traballadores emigrantes dentro da UE e dos traballadores desprazados - VP/2014/005

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta acción preparatoria é explorar a viabilidade das redes de actividades transfronteirizas que teñan a intención de mellorar os servizos de asistencia, asesoramento e de información proporcionada a nivel nacional para os traballadores emigrantes da UE e os seus familiares, así como garantir que este tipo de apoio e asistencia poida ser proporcionado nun contexto transfronteirizo.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas ten por obxecto apoiar un máximo de tres iniciativas enfocadas nas experiencias de traballo en rede entre os organismos e / ou entidades de Igualdade xa existentes establecidos a nivel nacional para apoiar os traballadores emigrantes da UE.

Eidos de actuación

Establécense tres tipos de accións financiables:

A. Actividades piloto da rede.
B. Elaboración de Informe Analítico.
C. Participación na conferencia final.

A presente convocatoria de propostas ten por obxecto financiar accións específicas, proxectos ou iniciativas. Polo tanto, as subvencións non están dirixidas a financiar as operacións habituais dos organismos solicitantes, senón que están destinadas só a cubrir os gastos adicionais vinculados directamente ás actividades do proxecto proposto.

As actividades subvencionables deberán realizarse plenamente nos Estados membros e deben estar en concordancia cos obxectivos específicos establecidos na convocatoria.

As actividades subvencionables poderán consistir en:

• Estudos de caso.
• Proxectos de cooperación.
• Actividades de formación.
• Accións de seguimento.
• Accións de sensibilización e difusión.
• Actividades de asesoramento e titoría.
• Actividades de investigación e recompilación.
• Difusión de información.

Destinatarios

Os destinatarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

-Ser un organismo xa existente nun Estado membro na área de Igualdade, segundo o establecido pola lexislación da Unión Europea, ou ser unha entidade establecida a nivel nacional para apoiar os traballadores emigrantes da UE.

- Actuar en cooperación con polo menos 4 cosolicitantes establecidos en polo menos outros 4 Estados membros diferentes que tamén sexan organismos xa existentes na área de Igualdade, segundo o establecido pola lexislación da Unión Europea, ou entidades establecidas a nivel nacional para apoiar os traballadores emigrantes da UE.

Socios

As solicitudes deben ser presentadas por un consorcio de polo menos 5 entidades establecidas en 5 Estados membros diferentes.

Financiamento

A porcentaxe de cofinanciamento da Unión Europea limitarase a un máximo do 80% dos custos elixibles totais da acción. Os solicitantes deberán achegar polo menos o 20% dos custos elixibles totais da acción. As achegas en especie non serán tidas en consideración.

Calquera solicitude que pida unha subvención de máis do 80% será excluída automaticamente do proceso de selección.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total asignado ao cofinanciamento dos proxectos é de 700.000 euros.

A Comisión ten a intención de outorgar un máximo de tres subvencións.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto é de 12 meses. Non serán tomadas en conta solicitudes con proxectos cuxa duración supere os 12 meses. Ademais, as actividades desenvolvidas máis alá dese período de tempo non serán subvencionadas.

Só serán consideradas as solicitudes de inicio de actividades dentro do marco de temporal mencionado na convocatoria. (As accións non comezarán antes do 01/09/14. A data límite para inicialas é o 15/10/14).

Data de publicación

16/05/2014

Data límite de solicitude

20/06/2014

Documentación

Contacto

Comisión Europea
DG Empleo, Asuntos Sociales e Inclusión DG (EMPL)
B-1049 Bruxelas
Bélxica

As preguntas remitiranse á seguinte dirección de correo electrónico:
EMPL-VP-2014-005@ec.europa.eu

Comentarios

O formulario obrigatorio de solicitude on-line da subvención é un formulario electrónico que debe ser cuberto mediante o uso do sistema web de Internet ”SWIM” na seguinte dirección de Internet:

https://webgate.ec.europa.eu/swim/external/displayWelcome.do

Este sistema permite a introdución, edición, validación, impresión e presentación do formulario de solicitude. Unha vez que a solicitude é remitida por vía electrónica, débese enviar tamén en papel.

As solicitudes en papel deberán enviarse por correo certificado, por correo ordinario ou ser entregadas en man. Deberanse enviar 2 copias do documento de solicitude debidamente asinadas (o expediente orixinal e unha copia de toda a documentación presentada).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante