Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de accións de dinamización “Proxectos Europa Excelencia 2014” – Concesión de axudas do Programa Estatal de Xeración de Coñecemento, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo do Programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica
de Excelencia é incentivar a xeración de coñecementos científicos e tecnolóxicos, sen
orientación temática previamente definida. O programa está integrado por catro Subprogramas Estatais: Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento, Subprograma Estatal para o Desenvolvemento de Tecnoloxías Emerxentes, Subprograma Estatal de Fortalecemento Institucional e Subprograma Estatal de Infraestruturas Científicas e Técnicas e
Equipamento. O Plan Estatal de I+D+I prevé diversas modalidades de participación, entendidas
como mecanismos que a Administración Xeral do Estado provee para que os axentes
executores das actividades de I+D+i poidan acceder ao financiamento das súas actividades
e contribuír á vertebración do sistema español de Ciencia-Tecnoloxía-Empresa. Considérase que as actuacións obxecto desta convocatoria son o mecanismo axeitado para a realización de actividades que impliquen o incremento dos coñecementos científicos e tecnolóxicos.
Esta convocatoria pretende potenciar a participación española no programa de
excelencia do Consello Europeo de Investigación «Consolidator Grants», financiando
parcialmente as actuacións de investigación científico-técnica relacionadas cos
obxectivos das propostas remitidas e avaliadas polo Consllo Europeo de Investigación
(ERC, na súa sigla en inglés). Así, perséguese tamén fomentar a participación exitosa de
investigadores con traxectorias científicas prometedoras en convocatorias no ámbito
de programas do Espazo Europeo de Investigación, coa vocación de situar la
investigación española na vanguardia da ciencia e a tecnoloxía como eixo fundamental
de desenvolvemento económico y social.

Obxectivo específico da convocatoria

As accións de dinamización “Proxectos Europa Excelencia” teñen como
obxectivo potenciar a participación española no subprograma «Consolidator Grants»
enmarcado no Programa IDEAS do VII Programa Marco de Investigación Europeo
xestionado pola Axencia Europea do Consello Europeo de Investigación (ERCEA, na súa
sigla en inglés). Trátase de proxectos de investigación científico-técnicos relacionados
cos obxectivos das propostas remitidas e avaliadas positivamente e consideradas
elixibles polo Consello Europeo de Investigación, pero que por razóns orzamentarias
non puideron ser finalmente financiadas por dito organismo.

Eidos de actuación

As actuacións comprendidas na presente convocatoria executaranse por
universidades, centros públicos de I+D+i, centros tecnolóxicos e entidades públicas e
privadas sen ánimo de lucro vinculadas á ciencia, a tecnoloxía, a investigación e a
innovación.
1. Os proxectos aos que se destinan as axudas deberán terse presentado á convocatoria 2013 na modalidade de «Consolidator Grants» do ERC, ter sido seleccionados para a segunda etapa de avaliación, ter obtido a cualificación A e non ter sido financiados.
2. As actuacións subvencionadas realizaranse de forma individual por un investigador principal que coincidirá co solicitante da axuda «Consolidator Grants» anteriormente mencionada e que será o responsable do desenvolvemento das actividades da proposta.
3. A entidade beneficiaria poderá ser a mesma ou diferente á que actuou como
institución hospedadora «host institution» no proxecto presentado polo investigador
principal na convocatoria de «Consolidator Grants» do ERC e poderá pertencer a
calquera das categorías recollidas no artigo 5.

Destinatarios

Poderán ser beneficiarios das axudas obxecto desta convocatoria as seguintes
persoas xurídicas que estean validamente constituídas e teñan domicilio fiscal en
España:
a) Organismos públicos de investigación definidos no artigo 47 da Lei
14/2011, de 1 de xuño.
b) As universidades públicas, os seus institutos universitarios e as universidades
privadas con capacidade e actividade demostrada en I+D, de acordo co previsto na
Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, e inscritas no rexistro
creado polo Real Decreto 1509/2008, de 12 de setembro, polo que se regula o
Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
c) Outros centros públicos de I+D. Organismos públicos e centros con personalidade
xurídica propia dependentes ou vinculados á Administración Xeral do Estado, e os
dependentes ou vinculados ás Administracións públicas territoriais e os seus organismos,
ou participados maioritariamente polo sector público, calquera que sexa a súa forma
xurídica.
d) Entidades e institucións sanitarias públicas e privadas sen ánimo de lucro,
vinculadas ou concertadas co Sistema Nacional de Saúde que desenvolvan actividade
investigadora.
e) Institutos de investigación sanitaria acreditados conforme ao establecido no
Real Decreto 339/2004, de 27 de febreiro, e normas complementarias.
f) Entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro que realicen actividade de I+D,
definida nos seus estatutos como actividade principal, e xeren coñecemento científico ou
tecnolóxico.
g) Centros tecnolóxicos de eido estatal e centros de apoio á innovación
tecnolóxica de eido estatal que estean inscritos no rexistro de centros creado polo Real Decreto 2093/2008, de 19 de decembro, polo que se regulan os Centros Tecnolóxicos e os Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica de eido estatal e se crea o Rexistro de tales centros.
3. Non poderán obter a condición de beneficiario as entidades incursas nalgunha
das circunstancias que prohíben a obtención da condición de beneficiario recollidas
no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.

Financiamento

As axudas consistirán en subvencións con cargo aos Orzamentos Xerais do
Estado (PGE). As axudas poderán financiar total ou parcialmente o orzamento solicitado nas propostas presentadas. A súa contía individual determinarase en cada caso en función das dispoñibilidades orzamentarias e ningún caso será superior a 85.000 euros.

Duración do proxecto

O prazo de execución da actuación será dun ano, contado a partir da data
que se especifique na resolución de concesión de 2014.

Data de publicación

03/05/2014

Data límite de solicitude

29/05/2014

Documentación

Contacto

Ministerio de Economía e Competitividade
calle Albacete, 5, Madrid 28071
http://www.mineco.gob.es/

Comentarios

1. Haberá un único prazo de presentación de solicitudes, dende o 6 de maio de 2014
ata o 29 de maio de 2014 ás 15:00 horas (hora peninsular).
2. As solicitudes presentaranse electrónicamente nos termos previstos no artigo 4 a través das aplicacións de solicitude e de sinatura electrónica, dispoñibles na sede electrónica da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
3. A entidade solicitante deberá estar inscrita no Sistema de Entidades (SISEN),
na sede electrónica da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e
Innovación, onde deberá aportar o documento acreditativo do poder ou representación
que ostente o representante legal de dita entidade, salvo que xa estivese incorporado
ao expediente.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante