Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Concesión de axudas a sindicatos de traballadores dos sectores agroalimentario e ambiental

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Concesión de axudas a sindicatos de traballadores dos sectores agroalimentario e ambiental para o desenvolvemento das súas actividades de colaboración e representación ante a Administración Xeral do Estado, a Unión Europea e institucións internacionais, e para a realización de proxectos de especial interese para o desenvolvemento e mellora dos traballadores dos citados sectores.

Eidos de actuación

a) Actividades de representación ante a Administración Xeral do Estado ou de participación nos seus órganos colexiados, a Unión Europea e as institucións internacionais relevantes para os sectores agroalimentario e ambiental.

b) Proxectos específicos de especial interese para a mellora dos traballadores dos sectores agroalimentario e ambiental.

Destinatarios

Poderán ser beneficiarios das axudas os sindicatos de traballadores máis representativos no ámbito estatal dos sectores agroalimentario e ambiental.

Financiamento

A distribución dos fondos dispoñibles levarase a cabo da seguinte forma:

a) Ata un máximo do 15% do total do crédito inicial destinarase a subvencionar as actividades de representación no ámbito estatal, en función dos resultados electorais obtidos por cada entidade solicitante e o número de órganos colexiados da Administración Xeral do Estado nos que estea presente.

b) Ata un máximo do 10% do crédito inicial destinarase ás actividades de representación no ámbito internacional e da Unión Europea, en función das cotas obrigatorias a satisfacer ás organizacións dos devanditos ámbitos nas que estean integradas.

c) O resto das dispoñibilidades orzamentarias destinaranse ao financiamento de proxectos específicos que se valorarán sobre un total de 100 puntos:

c.1) O custo dos proxectos específicos propostos. (Máximo 10 puntos.)

c.2) A experiencia contrastada na realización de proxectos nos que directa ou indirectamente interviñese a Administración Xeral do Estado, e especialmente este Departamento. (Máximo 30 puntos.)

c.3) O alcance laboral que teñan os proxectos para os que se solicitan as correspondentes axudas, considerando tanto o número de traballadores existentes nos sectores agroalimentario e ambiental, así como o número de posibles beneficiados dos proxectos para os que se solicita subvención. (Máximo 40 puntos.)

c.4) A aplicabilidade e finalización dos proxectos presentados durante o ano en que se solicita a axuda. (Máximo 20 puntos.)

Só serán subvencionables os gastos de: persoal, aluguer de locais, material consumible, imprenta, publicidade, desprazamentos, aloxamento, manutención e aqueles outros que respondan indubitativamente á realización do proxecto presentado, non podendo superar os indirectos o límite do 25% do total. En ningún caso se considerará subvencionable, para as distintas partidas existentes en cada proxecto, unha cifra de gasto superior ao 90% da cantidade presupostada.

Orzamento total da convocatoria

As axudas concedidas non poderán superar o límite de dotación asignado nos Presupostos Xerais do Estado para o exercicio 2014 correspondente á presente orde de convocatoria.

Data de publicación

13/05/2014

Data límite de solicitude

02/06/2014

Documentación

Contacto

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Departamento ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

As solicitudes dirixiranse ao titular do Departamento, e deberán ir acompañadas da documentación que se detalla no artigo 5 da Orde de bases reguladoras das axudas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante