Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria pública de propostas -- Rede Europea en materia de Educación e Formación Profesional (FP) de Cedefop (GP/RPA/ReferNet-FPA/002/14)

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente convocatoria, cuxo obxectivo é establecer unha rede europea de FP ReferNet, ten por finalidade seleccionar un solicitante de Grecia e un de Romanía cos que o Cedefop celebrará un acordo marco de asociación por unha duración de 18 meses, así como un acordo específico de subvención para a execución dun plan de traballo de seis meses que deberá levarse a cabo en 2014 (empezando o 1 de Xullo de 2014).

Eidos de actuación

Os acordos marco de asociación levaranse á práctica mediante acordos de subvención específicos. Por conseguinte, os solicitantes non só deberán presentar unha proposta para o acordo marco de asociación de 18 meses de duración (que, de ser elixida, dará lugar á firma dun acordo marco de asociación para o período 2014 a 2015), senón tamén a solicitude de subvención para a actuación correspondente a 2014 (que, de ser elixida, pode levar á firma dun acordo específico de subvención de seis meses para o ano 2014). O solicitante deberá demostrar a súa capacidade para realizar todas as actividades previstas durante o período de 18 meses e garantir un axeitado financiamento da execución do plan de traballo.

Destinatarios

Para participar na licitación, os solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:

a) ser unha organización pública ou privada, co seu propio réxime xurídico e personalidade xurídica (en consecuencia, non se admitirán as candidaturas de persoas físicas, é dicir, particulares);

b) estar establecido nun dos países seguintes:
- Grecia, Romanía.

Financiamento

A subvención varía en función da poboación do país e concédese para a execución dun programa de traballo anual. O presuposto total dispoñible para o programa de traballo correspondente a 2014 distribuirase entre tres grupos de países, en función da poboación de cada un destes.

- Primeiro grupo de países: Croacia, Chipre, Estonia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Eslovenia e Islandia. Importe máximo da subvención: 23.615 euros.

- Segundo grupo de países: Austria, Bélxica, Bulgaria, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Grecia, Hungría, Irlanda, Países Baixos, Portugal, Romanía, República Eslovaca, Suecia e Noruega. Importe máximo da subvención: 33.625 euros.

- Terceiro grupo de países: Francia, Alemaña, Italia, Polonia, España e Reino Unido. Importe máximo da subvención: 43.620 euros.

A subvención da Unión constitúe unha contribución financeira adicional aos custos do beneficiario (e/ou co-beneficiarios) e ás achegas locais, rexionais, nacionais e/ou privadas. A contribución comunitaria total non excederá o 70% dos custos subvencionables.

O Cedefop resérvase o dereito de non conceder o presuposto total dispoñible.

Orzamento total da convocatoria

O presuposto considerado dispoñible para os catro anos de vixencia dos acordos marco de asociación ascende a 4.000.000 de euros, en función das decisións anuais da Autoridade Presupostaria.

O presuposto total dispoñible para o plan de traballo anual correspondente a 2014 (duración do proxecto: 12 meses) ascende a 980.000 euros para os 28 Estados membros, Islandia e Noruega.

Duración do proxecto

18 meses

Data de publicación

15/03/2014

Data límite de solicitude

16/05/2014

Documentación

Contacto

As especificacións concretas da convocatoria de propostas, o formulario de solicitude e os seus anexos estarán dispoñibles a partir do 20 de marzo 2014 na páxina web do Cedefop, na dirección seguinte:

http://www.cedefop.europa.eu/EN/working-with-us/public-procurements/calls-for-proposals.aspx

Comentarios

As solicitudes deberán axustarse aos requisitos establecidos na versión completa da convocatoria e presentarse utilizando os formularios oficiais facilitados.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante