Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Resolución organizacións encargadas da distribución de alimentos no marco do Fondo Europeo de axuda ás persoas máis desfavorecidas.

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A presente Resolución ten como obxecto establecer o procedemento para a designación das organizacións asociadas na distribución dos alimentos a subministrar no marco do Plan 2014 de axuda ás persoas máis desfavorecidas, así como establecer os requisitos que deben cumprir as entidades sociais que se encarguen de facelos chegar ás persoas máis desfavorecidas.

Eidos de actuación

Os alimentos distribuiranse en España, de forma gratuíta, entre as persoas máis desfavorecidas, a través de entidades sociais.

Unha vez que se coñeza a cantidade definitiva de alimentos a distribuír o FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria), sobre a base dos informes e estudos técnicos que considere axeitados, realizará a súa repartición a nivel provincial, asignando a cada organización asociada a cantidade correspondente en función da súa porcentaxe de subministración, naquelas provincias en que opere máis dunha organización.

Destinatarios

Poderán presentar a súa solicitude de participación no Plan 2014 as organizacións caritativas, sen ánimo de lucro, de ámbito nacional, que non sexan sociedades mercantís e que dispoñan dos medios e canles adecuados para facer chegar os alimentos ás entidades sociais ás que se refire ao apartado cuarto da presente Resolución.

Poderán ter a consideración de organización asociada todas aquelas organizacións que presenten a súa solicitude de participación e cumpran os requisitos establecidos na presente Resolución.

O FEGA designará as organizacións asociadas no Plan 2014 de axuda ás persoas máis desfavorecidas, sobre a base das solicitudes de participación presentadas. En caso de que resulte designada máis dunha organización, o FEGA determinará unha porcentaxe de subministración de alimentos a nivel provincial para cada unha delas, tendo en conta a necesidade de garantir a axeitada distribución en todo o territorio e o desenvolvemento ordenado da operación.

No prazo máximo de vinte días dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes, designarase a organización ou organizacións asociadas na distribución de alimentos do Plan 2014 e, se procede, a súa porcentaxe de subministración a nivel provincial.

As organizacións asociadas farán chegar ás persoas máis desfavorecidas os alimentos do plan 2014 a través de entidades sociais que, voluntariamente e de forma altruísta, se ofrezan para levar a cabo a distribución gratuíta dos devanditos alimentos, xa sexa mediante o seu consumo directo nos locais da entidade (entidades de consumo) ou mediante a súa entrega directa (entidades de repartición).

Data de publicación

14/04/2014

Data límite de solicitude

29/04/2014

Documentación

Contacto

As solicitudes de participación presentaranse ante o FEGA, no Rexistro Xeral deste Organismo na rúa Beneficencia, número 8, de Madrid, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante