Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para a mellora da experiencia no campo das relacións laborais - VP/2014/004

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo da convocatoria é cubrir as accións de apoio á mellora da experiencia no campo das relacións laborais, en particular as destinadas a desenvolver os coñecementos e o intercambio de información relevante da UE, así como as accións para mellorar o coñecemento sobre as institucións e as prácticas no ámbito das relacións laborais na UE e a difusión resultados.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria son as medidas e iniciativas vinculadas á adaptación dos sistemas de relacións laborais aos cambios no emprego e o traballo e os retos relacionados, tales como: o emprego e a dimensión social das prioridades da UE no contexto de loita contra a crise (tendo en conta o aumento das desigualdades dentro e entre os Estados membros), a modernización do mercado de traballo, a calidade do traballo, a anticipación, a preparación e a xestión do cambio, así como a reestruturación, a transformación ecolóxica da economía, a flexiguridade, as habilidades, a mobilidade e a migración, o emprego xuvenil, a saúde e a seguridade no traballo, a conciliación da vida laboral e familiar, a igualdade de xénero, a acción no ámbito da non discriminación, o envellecemento activo, unha vida laboral máis longa e saudable, a inclusión activa e o traballo digno.

Eidos de actuación

Tipos de accións posibles:

• Iniciativas que contribúan á preparación e emprego (presentación, discusión e difusión) de informes da Comisión Europea sobre relacións laborais en Europa;
• Actividades para afondar aínda máis a análise de temas/resultados clave que se examinaron en edicións anteriores do Informe sobre Relacións Laborais en Europa.
• Actividades de investigación, incluíndo estudos preparatorios, enquisas e outras formas de recompilación de datos, sistemas de seguimento e estudos;
• Iniciativas para mellorar a recompilación e uso de información sobre os sistemas nacionais de relacións laborais e sobre a evolución a nivel europeo;
• Medidas para identificar e intercambiar información no ámbito das relacións laborais, mesmo a través de actividades de redes entre as partes das relacións laborais e / ou os expertos neste ámbito;
• Iniciativas para promover o coñecemento sobre prácticas eficaces nas relacións laborais, a nivel tanto nacional coma europeo, incluíndo as formas exitosas de participación dos traballadores, en particular no que se refire á anticipación, preparación e xestión do cambio;
• Accións de difusión deste tipo de descubrimentos en publicacións, mesas redondas, seminarios, conferencias, accións de formación e ferramentas de formación.

As medidas destinadas a apoiar directamente as iniciativas e procesos dos interlocutores sociais da UE, como consultas, reunións, negociacións e outras accións relacionadas co traballo dos Comités de Diálogo Social, tanto sectorial como nivel interprofesional, non están cubertas por esta convocatoria de propostas. Este tipo de accións fináncianse con cargo a outra convocatoria de propostas independente.

Destinatarios

Categorías de destinatarios posibles:

1. Interlocutores sociais
2. Organizacións relacionadas coas relacións laborais
3. Autoridades públicas
4. Organizacións Internacionais

Socios

Participación de máis dun socio dun Estado Membro ou dun país candidato.

Financiamento

Na presente convocatoria de propostas, a Comisión Europea pode decidir financiar ata o 90% do custo total subvencionable da acción.

As solicitudes que pidan unha subvención de máis dun 90% do custo total subvencionable non serán consideradas.

O financiamento da Unión solicitada non debe ser inferior a 108.000 euros

Os solicitantes deben ter en conta que poden recibir o acordo de subvención despois da data de inicio da acción que fixasen. Calquera gasto realizado antes da firma do acordo de subvención por ambas as dúas partes será a risco do solicitante.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 4 millóns de euros.

Duración do proxecto

A Comisión terá en especial consideración aqueles proxectos que prevexan un ciclo completo, incluíndo preparación, aplicación e difusión, seguimento e presentación de informes actividades. Polo tanto, a duración das accións pode ser de ata 24 meses.

As accións deberán comezar antes do 31 de decembro de 2014. As solicitudes que non respecten este punto non serán tidas en consideración.

Data de publicación

17/04/2014

Data límite de solicitude

13/06/2014

Documentación

Contacto

Dirección de correo para pedir información:

empl-vp-industrial-relations@ec.europa.eu


Débese enviar a solicitude, xunto con 2 copias de todos os demais documentos que se indican no cadro do anexo II nos prazos de presentación indicados anteriormente, á seguinte dirección:

DG EMPL

Call for proposals VP/2014/004
Budget heading 04.03.01.08
European Commission - DG EMPL/B.1
J-54 01/004
B -1049 Bruxelas
Bélxica

A solicitude debe ser enviada por correo certificado ou correo urxente. Así mesmo, é necesario gardar o comprobante da data de envío (a data do cuño de correos ou o recibo de correo certificado serán considerados como proba da data de envío).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante