Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - Programa común harmonizado de enquisas de conxuntura da Unión Europea

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo do Programa é recompilar información sobre a situación das economías dos Estados membros da UE e dos países candidatos que permita comparar os seus ciclos económicos para facilitar a xestión da unión económica e monetaria (UEM). O Programa converteuse nunha ferramenta indispensable para o proceso de supervisión económica dentro a UEM así como para a política económica.

Eidos de actuación

As enquisas diríxense aos dirixentes empresariais no sector manufactureiro (industria e investimento), construción, comercio minorista e servizos, e aos consumidores. A Comisión pretende celebrar acordos con organismos que posúan as competencias necesarias para realizar unha ou varias das enquisas seguintes:

- enquisa no sector industrial,
- enquisa sobre investimentos,
- enquisa no sector da construción,
- enquisa no sector do comercio minorista,
- enquisa no sector de servizos,
- enquisa entre os consumidores,
- enquisas específicas sobre problemas económicos actuais; estas enquisas específicas son, por definición, máis esporádicas e véñense a engadir as enquisas mensuais, utilizando as mesmas mostras que estas, para obter información sobre cuestións particulares de política económica.

Con este fin, celebraranse acordos marco de asociación para un período máximo de seis anos. Conforme ao acordo marco de asociación actual, poderanse celebrar entre as partes seis convenios de subvención específicos anuais.

Destinatarios

Só as entidades xurídicas establecidas nos países seguintes son elixibles na presente convocatoria de propostas:

- Estados membros da UE,
- países candidatos,
- países da AELC e do EEE.

Financiamento

A subvención da UE está limitada a unha taxa de cofinanciamento dos custos elixibles de cada enquisa non superior ao 50%. A Comisión resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Orzamento total da convocatoria

O presuposto total anual para o conxunto de enquisas é da orde de 5.620.000 euros.

Duración do proxecto

A selección dos beneficiarios efectuarase por un período máximo de seis anos. Poderanse celebrar seis convenios de subvención específicos anuais. Para o primeiro ano, a acción abranguerá o período comprendido entre o 1 de maio de 2015 e o 30 de abril de 2016.

Data de publicación

15/04/2014

Data límite de solicitude

18/06/2014

Documentación

Contacto

Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financeiros (DG ECFIN)

Direccións de envío das solicitudes:

Por correo postal:

Convocatoria de propostas
Ref. ECFIN 2014 001/A 4
Comisión Europea
Unidade ECFIN/R3 - J. VERHAEVEN
Despacho: N105 01/034
1049 Bruxelas
Bélxica


Mediante servizo de mensaxería ou en man:

Convocatoria de propostas
Ref. ECFIN 2014 001/A 4
Comisión Europea
Unidade ECFIN/R3 - J. VERHAEVEN
Despacho: N105 01/034
Avenue du Bourget/Bourgetlaan, 1
1140 Bruxelas
Bélxica

Comentarios

As especificacións detalladas da convocatoria de propostas, o impreso de solicitude e os seus anexos están dispoñibles no sitio web europa.eu, na seguinte dirección:

http://ec.europa.eu/dgs/economy_finance/procurement_grants/grants/proposals/index_en.htm

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante