Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas AAL: coidados para futuro - AAL 2014

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten como obxectivo estimular as aproximacións e os investimentos en innovacións que constrúan sistemas de atención sostible e deriven na mellora da saúde e o benestar das persoas maiores. Ademais, tamén ten como prioridade xerar un crecemento no mercado privado, facilitando a comercialización de novos conceptos e solucións que apoien a atención formal e informal.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria ten como finalidade financiar o desenvolvemento e a proba de solucións baseadas nas TIC, en situacións da vida real, que apoien modelos de atención sostible para persoas maiores.

Eidos de actuación

As actividades principais a desenvolver son as seguintes:

• proporcionar solucións baseadas nas TIC para conciliar a demanda cos recursos;
• proporcionar solucións baseadas nas TIC para aumentar e facilitar a asistencia formal e informal para os maiores;
• proporcionar solucións baseadas nas TIC para reducir a demanda de asistencia mediante prevención e autoxestión;
• proporcionar solucións baseadas nas TIC que poidan apoiar o cambio cara a unha mellor atención no fogar e na comunidade.

Destinatarios

Son só elixibles para o financiamento aquelas organizacións que estean incluídas explicitamente nos criterios nacionais de elixibilidade publicados como parte do texto da convocatoria.

Recoméndase acudir ao contacto nacional do programa AAL antes da presentación da solicitude (a lista e os datos dos Puntos de Contacto Nacionais encóntranse na páxina web do Programa AAL). Nalgúns países, é necesario dirixirse previamente ao punto nacional de contacto como requisito para ser beneficiario do financiamento.

Socios

O consorcio debe estar composto por polo menos 3 organizacións elixibles independentes (entidades legais), de polo menos 3 Estados diferentes que sexan socios do programa AAL e que participen nesta convocatoria de propostas.

O consorcio debe incluír polo menos:

- Un socio comercial elixible con fins de lucro.
- Un socio elixible que sexa unha organización de usuarios finais.
- Un socio elixible que sexa unha peme.

O consorcio estará formado por un mínimo de 3 socios ata un máximo de 10.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria é de 32,81 millóns de euros.

Duración do proxecto

Duración do proxecto: de 12 a 36 meses

Data de publicación

28/03/2014

Data límite de solicitude

26/06/2014

Documentación

Contacto

AAL Association
3, Rue de Luxembourg
1000 Bruxelas
Bélxica
Tel +32 2 219 92 25
Fax +32 2 204 02 19
Email info@aal-europe.eu

Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo
Berta Maure
Capitán Faia 41 28071 - Madrid
Tel: +34(0)913462540)
Correo Electrónico: bmaure@minetur.es

Instituto de Saúde Carlos III
Unidade de Investigación de de Avaliación e Promoción da Saúde
Ignacio Baanante Balastegui
C/ Monforte de Lemos, 5 28029 Madrid
Tel.: +34 91 8222576
Correo Electrónico: ibaanante@isciii.es

Instituto de Saúde Carlos III
Teresa Chavarría
Tel: +34 91 822 2124
Correo Electrónico: tchavarria@isciii.es

Comentarios

A convocatoria pertence ao Programa AAL (Ambient Assisted Living; Vida Cotidiana Asistida polol Entorno)

A presentación da solicitude, feita en inglés, realizarase a través do sistema de presentación electrónica AAL antes da data límite, segundo se especifica na convocatoria de propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante