Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de subvencións para a celebración de accións de comunicación e actividades divulgativas sobre asuntos relacionados co ámbito das competencias da Secretaría de Estado para a Unión Europea

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

Entre os obxectivos prioritarios da Secretaría de Estado para a Unión Europea atópanse os de fortalecer o concepto de cidadanía europea e conseguir un maior achegamento do proceso de integración europeo aos cidadáns españois, para así favorecer a súa implicación e participación nel. Para lograr estes fins, resulta necesario potenciar a difusión de información relativa a asuntos europeos entre os distintos sectores da nosa sociedade.
Neste contexto, a convocatoria de subvencións pretende promover durante o ano 2014 a realización de todo tipo de accións de comunicación, de participación cidadá e de actividades divulgativas sobre os temas prioritarios no ámbito da Unión Europea, así como promover axudas ou subvencións destinadas a financiar estas accións e actividades. Preténdese fomentar o concepto e a práctica da cidadanía europea e facer especial fincapé no tema “Europa na senda da recuperación”, no marco da iniciativa “Falamos de Europa” da Secretaría de Estado.

Eidos de actuación

Accións de comunicación e actividades divulgativas

Destinatarios

Poderá solicitar a subvención toda persoa física ou xurídica, non pertencente ao sector público, legalmente constituída que, en todo caso, reúna e estea en disposición de acreditar os seguintes requisitos:
1. carecer de actividade con fins lucrativos;
2. cumprir coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de acordo co previsto no artigo 22 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo;
3. dispor dos medios e capacidade suficientes para realizar as actividades e garantir o cumprimento dos obxectivos previstos nas devanditas actividades;
4. non atoparse comprendido en ningún dos supostos recollidos no artigo 13, apartados 2 e 3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, sobre a prohibición para a obtención de axudas ou subvencións públicas.

Financiamento

Accións financiadas: Iniciativas de comunicación, actividades divulgativas e participación cidadá sobre asuntos relacionados co ámbito das competencias da Secretaría de Estado para a UE e que fomenten o concepto e a práctica de cidadanía europea en e coa sociedade civil española. As devanditas iniciativas deben ser levadas a cabo por persoas físicas ou xurídicas que non pertenzan ao sector público (que carezan de actividades con fins lucrativos).

Orzamento total da convocatoria

Ata un importe máximo total de 281.560,00 €, segundo orzamento da Secretaría de Estado para a UE.

Duración do proxecto

Durante o ano 2014, desde o momento no que se conceda a concesión ata o 30 de setembro de 2014.

Data de publicación

18/03/2014

Data límite de solicitude

07/04/2014

Documentación

Contacto

- Rexistro da Secretaría de Estado para a Unión Europea, na rúa Serrano Galvache, 26, Torre sur, 3ª planta, 28071 – Madrid
Horario de atención ao público: 9:30-14:00 y 16:30-18:00, de luns a venres
- E-mail: subvencion.seue@ue.maec.es
- Web: www.maec.es

Comentarios

Para as instrucións sobre o envío das solicitudes de subvención, así como para obter o modelo de solicitude e o formulario para a identificación do proxecto, diríxase á páxina do BOE na que se publica esta convocatoria (está sinalado no apartado de “documentación”).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante