Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa “Erasmus para a administración pública” - prácticas de curta duración nas Institucións Europeas

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

- Reforzar o coñecemento e a comprensión das institucións e as políticas europeas.
- Informar sobre os procedementos de toma de decisións da UE.
- Mellorar nos Estados membros a comprensión dos procedementos administrativos das Institucións europeas.
- Fomentar a cooperación administrativa e contribuír á creación dun espazo administrativo común.

Obxectivo específico da convocatoria

O programa componse de:
- Sesións formativas.
- Visitas a distintas Institucións e organismos (Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo).
- Sesións de titoría cun funcionario comunitario (“Job shadowing”).

Eidos de actuación

Programa Erasmus for officials

Destinatarios

Os candidatos deben ser nacionais dun dos 28 Estados membros e traballar polo menos seis meses como empregados públicos nunha Administración Pública (central, local ou rexional). A antigüidade na Administración ata a data da convocatoria non debe superar os cinco anos. Así mesmo, quedan excluídos do Programa aqueles candidatos que desempeñasen traballos de calquera tipo dentro das Institucións da UE.

Socios

Os requisitos que deberán cumprir os candidatos son:
- Nivel de Administrador con título universitario superior.
- Experiencia e competencia profesional. É preciso que o traballo dos candidatos estea relacionado coas políticas da Unión Europea.
- Coñecementos lingüísticos. Bo coñecemento práctico de inglés ou francés. Non hai servizos de tradución, polo que os candidatos deberán valorar que o aproveitamento do curso está condicionado ao dominio dalgunha destas dúas linguas e acreditar un coñecemento suficiente. Valorarase o coñecemento de ambas linguas.
A Comisión elaborará a lista dos participantes no Programa, tendo en conta a prelación establecida polos Estados, acorde cos criterios enriba expostos.

Duración do proxecto

Do 16 ao 28 de febreiro de 2014.

Data de publicación

24/10/2013

Data límite de solicitude

24/11/2013

Documentación

Contacto

Tanto a resolución de dúbidas como o envío da solicitude deberán dirixirse a tramitacionend@ue.maec.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante