Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para o desenvolvemento de demostradores utilizando a información de Copérnico, o programa europeo de observación da Terra, e os sinais de Galileo e EGNOS, do GNSS Europeo - 105/G/ENT/CIP/13/C/N03C03

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral é apoiar unha serie de actividades concretas e operativas, con especial énfase na promoción da reutilización dos datos e a información de Vixilancia da Terra e a navegación por satélite para o que Europa está invertindo a través dos programas de Copérnico, Galileo e EGNOS.

Obxectivo específico da convocatoria

- Demostrar como os servizos innovadores e de valor engadido baseados en Copérnico e os GNSS europeos poderían abordar de maneira efectiva os retos sociais.
- Demostrar como os servizos innovadores, cun forte valor engadido, baseados en Copérnico e os GNSS europeos poderían apoiar o surximento de novas industrias nunha rexión ou área metropolitana.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo (EEE).

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

Financiaráse un máximo de dous proxectos con unha cantidade máxima de 1,2 M€ cada un, destinada a cubrir o 70% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

A previsión global de financiamento para a presente convocatoria é de 2, 38 M€.

Data de publicación

03/09/2013

Data límite de solicitude

04/11/2013

Documentación

Contacto

Comisión Europea / Dirección Xeral Empresa e Industria
Dirección G: Industrias Aeroespaciais, Marítimas, de Seguridade e Defensa / Unidade G2: Servizos Copérnico
E-mail: ENTR-COPERNICUS-SERVICES@ec.europa.eu
Dirección: BREY 9/102, B-1049 Bruxelas, Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante