Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Implementación do novo marco lexislativo - accións de execución conxunta das autoridades aduaneras e de vixilancia do mercado - 101/G/ENT/IMA/13/11212

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo da convocatoria é a implementación das accións 9 e 11 da Comunicación da Comisión ”20 accións para os produtos máis seguros e compatibles para Europa: un plan de acción plurianual para a vixilancia de los produtos na UE” [COM (2013)76].
- Acción 9 refírese ás actividades de aplicación conxunta, permitindo ás autoridades aduaneiras e de vixilancia do mercado o aproveitamento de recursos e experiencia para aplicar os métodos favorables ás PYME.
- Acción 11 refírese á axuda financeira para o funcionamento administrativo da maioría dos ”grupos de cooperación administrativa» (Adcos) de modo que a carga administrativa da organización destas reunións se poda reducir.

Obxectivo específico da convocatoria

1. Apoio financeiro para as accións de aplicación conxunta, é dicir, para a coordinación do traballo de aplicación práctica desenvolvida polas autoridades de vixilancia do mercado en relación coas categorías de produtos ou outras prioridades.
2. Apoio financeiro para os gastos de viaxe das autoridades de vixilancia do mercado que desexen asistir ás reunións sectoriais e da economía informal.
3. Apoio financeiro para as accións de aplicación conxunta, é dicir, para a coordinación do traballo de aplicación práctica desenvolvida polas autoridades de vixilancia do mercado en relación coas categorías de produtos ou outras prioridades. As categorías de produtos implicados cubrirán os produtos de construción, compatibilidade electromagnética, equipos para atmósferas explosivas, produtos de baixa tensión, a radio e os equipos terminais de telecomunicacións, aparatos de gas, ascensores, maquinaria, equipos a presión, embarcacións de recreo e recipientes a presión simples.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE) e países candidatos.

Destinatarios

Aberto para entidades públicas localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

A porcentaxe de cofinanciamento desta convocatoria sitúase no 50%, sen que, en ningún caso, a cantidade cofinanciada por cada acción exceda o 70% da mesma.

Orzamento total da convocatoria

A previsión global de financiamento para esta convocatoria é de 0,40 M€

Data de publicación

27/08/2013

Data límite de solicitude

30/10/2013

Documentación

Contacto

ENTR-CFP-13-11212-GRANT@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante