Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Novena Convocatoria - Iniciativa de Medicamentos Innovadores (IMI) - IMI-CALL-2013-9

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

A empresa conxunta para la iniciativa sobre medicamentos innovadores é unha única asociación público-privada pan-europea que ten o obxectivo de fomentar a colaboración entre todas as partes interesadas pertinentes, incluídas as biofarmacéuticas de menor e maior tamaño e os coidadores sanitarios, os reguladores, os investigadores e os pacientes.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo da convocatoria sobre medicamentos innovadores é apoiar a investigación farmacéutica precompetitiva e fomentar o desenvolvemento de medicamentos seguros e máis eficaces para os pacientes a través da eliminación dos atascos identificados no proceso de desenvolvemento de fármacos, e para mellorar a competitividade de Europa, asegurando que o sector europeo das biofarmacéuticas sigue a ser un sector dinámico de alta tecnoloxía.

A novena convocatoria de propostas consta de dous temas que abranguen as seguintes prioridades clave de investigación:
- WEBAE - Aproveitamento de Tecnoloxías Emerxentes de Farmacovixilancia
- O desenvolvemento de intervencións terapéuticas innovadoras contra a fraxilidade física e a sarcopenia (ITI-PF & S) como unha indicación Xeriátrica Prototype

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

A contribución financeira total desta convocatoria ascende a 63.120.000 €. Porén, dita cantidade compleméntase cunha aportación non monetaria maior (cifrada en 72.250.000 €), en forma de persoal, bens de equipo, etc.

Existen diferentes baremos de financiamento en función da prioridade de investigación escollida e do tema no que se presente a proposta, especificados na convocatoria.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas sitúase en 135,37 M€.

Data de publicación

09/07/2013

Data límite de solicitude

09/10/2013

Documentación

Contacto

E-mail: infodesk@imi.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante